En todo caso:
No caso de obra maior:
No caso de obra menor:
Persoas ou entidades que vaian a executar algún deses actos ou usos do solo relacionados dentro do termo municipal de Pontevedra.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7500 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
OBRA MENOR: obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan a alteración do volume, do uso, das instalacións e dos servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, a cimentación, a estrutra ou as condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de toda clase.
EN NINGÚN CASO se considerarán menores:
- as intervencións en edificios declarados BIC ou catalogados,
- os muros de contención,
- os grandes movementos de terra
OBRA MAIOR: as restantes obras e instalacións non incluídas na definición de Menores
Requirirán sempre de Proxecto Técnico.
VISADO COLEXIAL segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 1000/2010.
De NON ser preciso visado colexial: declaración responsable do suxeito técnico redactor do proxecto na que se incorporen os seus datos persoais e profesionais que permitan acreditar a identidade e habilitación do autor/a do traballo e a non concorrencia de causa de incompatibilidade ou a súa inhabilitación segundo o modelo recollido no anexo I da Ordenanza municipal reguladora, ou ben certificado do colexio oficial correspondente.
Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana