Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

861 Solicitude de compensación de débedas

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848294

O obrigado tributario pode solicitar a extinción das súas débedas co Concello de Pontevedra pola vía da compensación cando exista un crédito ao seu favor neste Concello.

- Solicitude de compensación de débeda, no modelo aprobado e correctamente cuberta (Mod 861 Solicitude de compensación)

- Copia dos documentos nos que se reflictan as débedas.

- Copia dos documentos nos que se reflictan os créditos.

Advertencias

A presentación da solicitude de compensación en período voluntario impedirá o inicio do período executivo da débeda concorrente co crédito ofrecido, pero non o devengo dos xuros de mora que podan proceder, de ser o caso, ata a data da resolución de compensación.

A extinción da débeda tributaria producirase no momento da presentación da solicitude ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se ese momento fose posterior á dita presentación. O acordo de compensación declarará a extinción da débeda.

Se o importe da débeda é superior ao do crédito, deberá realizarse o ingreso da parte restante. Se o crédito é superior ingresaráselle a diferencia na conta indicada na solicitude de compensación.

Se o Concello comproba a inexistencia do crédito ofrecido ou, para o caso dun crédito por devolución tributaria, comproba que non existe solicitude de devolución, a Administración considerará como non presentada a solicitude de compensación e arquivará esta sen máis trámites.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico