- Solicitude de compensación de débeda, no modelo aprobado e correctamente cuberta (Mod 861 Solicitude de compensación)
- Copia dos documentos nos que se reflictan as débedas.
- Copia dos documentos nos que se reflictan os créditos.
Advertencias
A presentación da solicitude de compensación en período voluntario impedirá o inicio do período executivo da débeda concorrente co crédito ofrecido, pero non o devengo dos xuros de mora que podan proceder, de ser o caso, ata a data da resolución de compensación.
A extinción da débeda tributaria producirase no momento da presentación da solicitude ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se ese momento fose posterior á dita presentación. O acordo de compensación declarará a extinción da débeda.
Se o importe da débeda é superior ao do crédito, deberá realizarse o ingreso da parte restante. Se o crédito é superior ingresaráselle a diferencia na conta indicada na solicitude de compensación.
Se o Concello comproba a inexistencia do crédito ofrecido ou, para o caso dun crédito por devolución tributaria, comproba que non existe solicitude de devolución, a Administración considerará como non presentada a solicitude de compensación e arquivará esta sen máis trámites.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Calquera persoa física ou xurídica que teña un crédito recoñecido polo Concello e unha débeda pendente de pagamento coa facenda municipal.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Tesouraría e recadación | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7335 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Tesouraría e recadación | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.