www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com

Retos

A Estratexia DUSI “+ Modelo Urbano Pontevedra” xorde como resposta á identificación inicial dunha serie de problemáticas e retos que ten o territorio e que se centraron nas dimensións económica, ambiental, climática, demográfica e social de acordo ao sinalado no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1301/2013 sobre o FEDER.

O principal problema do municipio de Pontevedra está en gran medida ligado contrariamente á implementación do modelo de transformación urbana principalmente na cidade compacta histórica, o que fixo destacar aínda máis as diferenzas sociais, funcionais e de calidade urbana co bordo máis inmediato e a coroa periférica de media densidade, que son o continuo urbano da cidade e que concentra unha parte moi relevante da poboación do municipio. Estas zonas concentraron a expansión urbana nas últimas décadas e provocou o desenvolvemento de tecido urbano en espazos de orixe rural que na actualidade forman continuos urbanos de media densidade onde existen problemas de fragmentación urbana e de conectividade.

A implementación do modelo de transformación urbana de Pontevedra vai implicar adaptar as ferramentas e os enfoques de tal forma que, respectando os seus principios, póidase alcanzar nestes espazos un desenvolvemento territorial equilibrado e sustentable que permita avanzar no modelo de cidade centrado nas persoas.

Identifícanse a continuación os 5 problemas urbanos identificados así como os retos de cada un deles que é preciso abordar no marco desta Estratexia:

Problema 1: Incremento de desequilibrios na calidade urbana entre a cidade compacta e o continuo urbano de media densidade que a rodea

Dende o punto de vista territorial, a aplicación do modelo de transformación urbana na cidade compacta ten un percorrido finito a curto - medio prazo, despois de máis de tres lustros de actuación. Pola súa banda, o bordo da cidade e a súa coroa periférica estruturan un continuo urbano de media densidade que se desenvolveu no espazo que ocuparon tradicionalmente os asentamentos rurais xerando unha superposición que non se resolveu urbanisticamente de maneira satisfactoria.

A aplicación do modelo de transformación urbana en Pontevedra supuxo unha dinámica moi positiva na cidade compacta, o que produciu un incremento da calidade de vida dos seus cidadáns, que son agora os verdadeiros protagonistas dos espazos públicos. Con todo, na dinámica urbana do bordo e do continuo de media densidade a falta de calidade do espazo urbano está a provocar unha tendencia desvertebradora e desintegradora.

  • Reto 1: Adaptar o modelo de transformación urbana de Pontevedra para a rexeneración urbana do continuo de media densidade que rodea á cidade compacta (dimensión demográfica)

Respectando os principios do modelo, trátase de implementalo de maneira adaptada no bordo da cidade compacta, é dicir, nos barrios periféricos e a primeira coroa de media densidade que a rodea, para alcanzar unha alta calidade urbana en todas as súas facetas, para fixar poboación nestes espazos urbanos e proporcionar servizos para unha maior calidade de vida da cidadanía, en particular á poboación infantil, xuvenil e á terceira idade.

Problema 2: Perda da cohesión social e aumento das diferenzas sociais e funcionais da poboación, agravado polo déficit en servizos públicos e a falta de posta en valor dos seus recursos locais

Existen desequilibrios entre diferentes zonas do municipio, o que provocou un desequilibrio e un aumento das diferenzas sociais entre a cidadanía da cidade compacta e a que reside no continuo de media densidade que a rodea. Así, mentres uns ven como aumentan os seus indicadores de calidade urbana outros teñen déficit de servizos ou infraestruturas, creando desigualdade en termos sociais. Isto, unido á necesidade de aumentar os proxectos comúns que permitan reforzar os vínculos entre ambos espazos, xera unha separación entre a cidade compacta histórica e a periferia, incidindo negativamente no nivel de prestacións e recursos da cidadanía.

  • Reto 2: Reducir a desigualdade e favorecer a inclusión da cidadanía, aumentado a súa protección e avanzando en mellores servizos públicos, na posta en valor dos recursos locais e a integración de todo o territorio urbano a través das TIC (dimensión social)

Este reto busca reducir o diferencial que existe entre a cidade compacta histórica e o continuo urbano de media densidade dende o punto de vista de servizos públicos, a inclusión social e a igualdade. Preténdese eliminar a brecha da desigualdade coa posta en marcha de infraestruturas e servizos comúns e accesibles que beneficien a todos por igual. En definitiva, máis inclusión, máis igualdade a través de recursos, servizos e iniciativas compartidas.

Problema 3: Deficiente mobilidade periférica e conectividade entre a cidade compacta e a súa coroa periférica, con potencial para mellorar a súa contribución á estratexia de redución da pegada de carbono

O modelo urbano de transformación desenvolvido na cidade compacta supuxo un cambio modal na súa mobilidade no que se priorizou a non motorizada e que tivo un gran impacto na redución dos gases efecto invernadoiro na cidade. Existe un reto para incorporar o bordo da cidade compacta a esta estratexia de mobilidade e para mellorar a súa conectividade co centro da cidade. E aínda hai amplas marxes para aumentar a eficiencia e o comportamento enerxético das instalacións e equipamentos públicos e contribuír máis á redución da pegada de carbono local.

  • Reto 3: Reducir a pegada de carbono a través dunha conectividade sustentable, a profundización do cambio modal de mobilidade non contaminante e saudable e na sustentabilidade e mellora do comportamento e eficiencia enerxética da área urbana (dimensión cambio climático)

A Estratexia DUSI “+ Modelo Urbano Pontevedra” busca incorporar e ampliar a mobilidade non contaminante e saudable nos barrios periféricos e o continuo de media densidade, considerando as circunstancias particulares deste espazo físico, apostando por unha conectividade sustentable entre a cidade compacta e o seu bordo e internamente entre puntos da coroa periférica. Ademais reducirase a pegada de carbono da cidade mediante unha mellora no comportamento e eficiencia enerxética de equipamentos e servizos públicos urbanos.

Problema 4: Déficits de sustentabilidade na xestión do medio ambiente local e na valorización dos recursos naturais e patrimoniais locais

Pontevedra fixo un esforzo moi notable nos últimos anos para a mellora do medio ambiente local; mellorouse a calidade ambiental do sistema natural que forma a Ría e os ríos da cidade, fixéronse actuacións para mellorar espazos forestais ou poñer en valor o patrimonio histórico-cultural. Con todo, ten ante si retos evidentes para alcanzar unha xestión máis sustentable dos recursos naturais, en particular do ciclo de auga e da xestión dos residuos sólidos urbanos. Tamén existen espazos de alto valor natural e cultural que presentan déficits e cuxa recuperación ademais contribuirán a integrar e conectar a cidade compacta co seu bordo máis inmediato.

  • Reto 4: Mellorar o comportamento ambiental de Pontevedra e integración e conectividade da cidade compacta cos espazos naturais da súa coroa periférica (dimensión ambiental)

A Estratexia DUSI aposta por lograr unha xestión máis sustentable do ciclo de auga local e dos residuos sólidos urbanos a través da xeración de compost que contribúa a mellorar a estrutura edáfica dos chans forestais locais. A recuperación, mellora e valorización de espazos que comparten un alto valor patrimonial natural e cultural e que están ligados á Ruta Portuguesa do Camiño de Santiago, axudará á súa integración na cidade e favorecerá a conectividade entre a coroa periférica e a cidade compacta, cun impacto positivo no turismo.

Problema 5: Escasa dinamización e revitalización da economía local baseada na potenciación de recursos locais

A crise económica trouxo como consecuencia un incremento da taxa de desemprego afectando negativamente ó mercado laboral. Pontevedra conta con recursos endóxenos locais que poden facela avanzar nunha nova senda de recuperación económica sustentable e integradora, que impulse unha economía local que utilice máis eficientemente e potencie os seus recursos locais. Con iso preténdese contribuír a mellorar a cohesión económica, social e territorial do municipio.

  • Reto 5: Revitalizar a economía local en base á posta en valor de recursos locais e das correlacións creadas grazas ao modelo urbano (dimensión económica)

A Estratexia DUSI aposta por impulsar a economía local poñendo en valor potencialidades locais e recursos endóxenos con gran potencial dende o punto de vista económico. O modelo urbano de Pontevedra tamén é unha oportunidade para poder impulsar iniciativas