www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com

Principios horizontais

1. Igualdade entre Homes e Mulleres e non discriminación

A igualdade de homes e mulleres e non discriminación é unha prioridade da presente Estratexia DUSI, tendo en conta os requisitos establecidos no ordenamento xurídico e o acervo comunitario. Considerou esta prioridade na definición de liñas específicas de actuación na DUSI e entre outras medidas:

•Velará por unha correcta utilización da perspectiva de xénero na comunicación do programa

•Reforzará as canles de participación e promoverá o interese e participación de asociacións e grupos de mulleres

•Establecerá un sistema de avaliación específico de xénero durante a execución da DUSI

2. Desenvolvemento Sustentable

Este principio horizontal aparece recolleito a través dos obxectivos operativos e liñas específicos de actuación da DUSI. Ademais, velarase por:

•Incluír nos informes anuais da DUSI información sobre a execución relativa a este principio

•Visualizar de maneira comunicativa a súa contribución ao desenvolvemento sustentable

3. Accesibilidade

Trátase dun principio básico que guiou o Modelo de Transformación Urbana e que se incorpora de cheo na DUSI na definición de determinados obxectivos operativos e liñas de actuación da DUSI.

4. Cambio Demográfico

“+ Modelo Urbano Pontevedra” considera este principio, apostando por liñas de actuación que contribúen a un envellecemento en boas condicións de saúde (aspectos de mobilidade, reforma urbana, servizos sociais, ...

5. Mitigación do Cambio Climático

A DUSI de Pontevedra profunda aínda máis na mitigación do cambio climático que fixo o municipio nos últimos anos, tal e como quedou reflectido, incorporando medidas que axudan a contribuír a este principio.