www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com

Remisión de Facturas electrónicas

Para presentar unha factura electrónica dirixida ao Concello de pontevedra deberase acceder ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas premendo no seguinte enlace:

FACe
















Información sobre o servizo:


Quen está obrigado a presentar factura electrónica?

A obriga de emitir factura electrónica afecta segundo o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público (LFE) a:

- Sociedades anónimas; - Sociedades de responsabilidade limitada;

- Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos términos que establece a normativa tributaria;

- Unións temporais de empresas;

- Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

A partir do 15 de xaneiro de 2015 as facturas que, debendo emitirse electronicamente fosen recibidas en papel non poderán ser tramitadas e devolveranse ao correspondente provedor para proceder a súa emisión vía electrónica.

As facturas serán remitidas a través do Punto de entrada de facturas do Estado FACe (segundo artigos 6 e 11 de Disposición adicional quinta da LFE). A URL do punto de acceso de facturas é https://face.gob.es/#/es. Pódese acceder premendo no enlace desta páxina.

Consulta do estado de tramitación da factura

De conformidade co artigo 6.3 la LFE dende o punto xeral de entrada de facturas FACe permítese así mesmo consultar, por parte do provedor o estado de tramitación da factura.

Como emitir unha factura electrónica?

Para os provedores que non dispoñan de programas informáticos adaptados o Ministerio de Industria, Enerxía y Turismo facilita un programa informático gratuíto de emisión de factura en formato facturae, que cumpre tódolos requisitos establecidos e que se pode descargar na mesma páxina web de FACe https://face.gob.es/#/es

Para unha correcta remisión deben terse en conta os seguintes datos e requisitos:

Datos de identificación da entidade (Concello de Pontevedra) para a remisión de facturas electrónicas. En toda factura deben aparecer, no apartado Receptor, codificados os campos OFICINA CONTABLE, ORGANO XESTOR e UNIDADE DE TRAMITACIÓN (que poden consultarse no Directorio de Unidades FACe):

OFICINA CONTABLE: L01360388 AYUNTAMIENTO DE PONTEVEDRA

ORGANO XESTOR: L01360388 AYUNTAMIENTO DE PONTEVEDRA

UNIDADE TRAMITADORA

GE0002983 ADMINISTRACION XERAL

GE0002984 ARQUIVO XERAL

GE0002985 ASESORIA XURIDICA

GE0002987 BOMBEIROS

GE0002988 CULTURA E FESTAS

GE0002989 DISCIPLINA URBANISTICA

GE0002990 DROGODEPENDENCIAS

GE0002991 EDUCACION

GE0002992 EMPLEO

GE0002993 GABINETE DA ALCALDIA

GE0002994 IGUALDADE

GE0002995 INFORMATICA

GE0002979 INTERVENCION

GE0002996 MEDIO AMBIENTE

GE0002997 NORMALIZACION LINGÜISTICA

GE0002998 OTA

GE0002999 OTLI

GE0003000 OTXT

GE0003001 OUTRAS INFRAESTRUCTURAS

GE0003002 PARQUE MOBIL

GE0003003 PARQUES E XARDINS

GE0003004 PATRIMONIO

GE0003005 PERSOAL

GE0003006 POLICIA LOCAL

GE0003007 PREVENCION DE RISCOS

GE0003008 PROMOCION ECONOMICA

GE0003009 PROTECCION CIVIL

GE0003010 PROTOCOLO

GE0003011 RSU

GE0003013 SANEAMENTO

GE0003014 SDUMAPA

GE0003015 SERVIZOS SOCIAIS

GE0003016 SUBMINISTRO DE ENERXÍA

GE0003018 SUMAPH

GE0003019 TEA

GE0003020 TENENCIA DA ALCALDIA

GE0003021 VIAS PUBLICAS NO RURAL

GE0003023 VIAS PUBLICAS URBANAS

GE0003025 VIVENDA

GE0003028 XUVENTUDE

Datos de identificación do expediente (referencia):

En cada factura deberá aparecer a identificación do expediente de contratación polo menos na primeira liña do campo "Filereference/ Apartado Referencia Expediente" no programa de axuda, ao despregar as liñas de facturación (menu engadir do apartado "Detalle de Factura"

Documentos a achegar coa factura:

As facturas que deban vir acompañadas doutra documentación (certificados, certificacións de obra, TC, datos fiscais, etc), deberá incorporarse na factura electrónica como documentación adxunta en formato PDF.

Os requisitos de emisión da factura electrónica destinada a Administracións Públicas son esencialmente tres:

• Estar escritas no formato especificado (Facturae 3.2 o 3.2.1)

• Contar cunha sinatura electrónica para a súa validación

• E indicar o destinatario da factura electrónica que deberá estar dado de alta en FACe

Os datos e formato da factura veñen establecidos na Resolución de 21 de marzo de 2014 que disón o último formato estruturado de factura electrónica Facturae versión 3.2.1 con firma electrónica. Para máis información sobre dito formato pode consultarse a páxina www.facturae.es

En todo caso será obrigatorio o cumprimento dos campos de OFICINA CONTABLE, ORGANO XESTOR e UNIDADE DE TRAMITACIÓN segundo codificación aportada polo Concello no momento da contratación, así como a referencia facilitada do expediente de contratación no campo Filereference (polo menos na primeira liña)

Soporte a proveedores:

O Ministerio de Facenda e Administracións públicas pon a disposición dos provedores un servizo de soporte dispoñible no enderezo electrónico soporteface@red.es e no seguinte enlace: https://ssweb.seap.minhap.es/ayuda/consulta/FACE /consulta/FACE