O artigo 31.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, sinala que os rexistros electrónicos rexeranse, a efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados como ás Administracións Públicas, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar de xeito accesible e visible.
Así mesmo, o artigo 6.2 j) do Real Decreto 1671/2009, de 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente dita Lei, establece que as sedes electrónicas indicarán a data e hora oficial para os efectos previstos no artigo 26.1 da Lei 11/2007.
Para rematar, o artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica sinala que a sincronización da data e a hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, de 23 de outubro.
En cumprimento destas disposicións ofrécese a data e hora oficial da sé electrónica do Concello de Pontevedra: