www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

133 Suxestión ou reclamación

Procedemento para a presentación de reclamacións e suxestións polos veciños

1) Considéranse suxestións aquelas iniciativas plantexadas polos veciños, en senso amplo, orientadas a mellora-los servizos do Concello, e das entidades dependentes do mesmo, tanto no ámbito organizativo como no funcional.

2) Considéranse reclamacións as queixas presentadas polos veciños, en senso amplo, polas que se pon en coñecemento do Concello as deficiencias e o mal funcionamento dos servizos municipais.

As reclamacións e suxestións deberán de referirse a actividades ou servizos de competencia municipal e non serán admitidas a trámite as suxestións e reclamacións por non ter tal consideración:

a) As presentadas de forma anónima, ou sen acreditar a verdadeira identidade de quen as presenta.

b) As solicitudes de información.

c) As comunicacións de incidencias ou accións sucedidas nun tempo e lugar determinado.

d) As incidencias, partes, informes, etc. efectuados polos propios servizos municipais.

e) As reclamacións do persoal do Concello respecto a súa particular relación de servizo coa Administración Municipal.

f) Os recursos administrativos contra actos municipais.

g) As alegacións plantexadas durante o período de información pública en determinados procedementos.

h) As solicitudes dos interesados que pretendan o recoñecemento dun particular e concreto dereito.

3) As reclamacións e suxestións non terán en ningún caso a cualificación de solicitudes en demanda de dereitos subxectivos, nin de recurso ordinario e a súa presentación non interromperá os prazos establecidos para resolver un determinado procedemento.

1) Terán dereito a plantexar suxestións e reclamacións tódolos veciños e as persoas físicas vinculadas co Concello a través de relacións tributarias de carácter periódico, así como aquelas persoas xurídicas que teñan un establecemento permanente no termo municipal.

2) Tamén estarán lexitimados para presentar reclamacións as persoas físicas ou xurídicas, non residentes no Concello, que teñan interese lexítimo en procedementos administrativos relacionados co obxecto da reclamación.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
GABINETE DA ALCALDÍA Michelena, 30 3º 986804300 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
GABINETE DA ALCALDÍA Michelena, 30 3º 986804300
Oficina Horario
GABINETE DA ALCALDÍA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Normativa municipal:


Volver
Rexistro electrónico