www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

132 Solicitude de alta con usuario e contrasinal na sede

Determinados servizos electrónicos da Sede requiren a identificación previa do usuario mediante o uso de certificado electrónico ou de clave de acceso.

Esta clave pódese solicitar identificándose na sede co certificado electrónico ou, presencialmente, presentando o formulario de alta no registro xeral do Concello tal e como se indica a continuación

Este procedemento resérvase exclusivamente para as persoas físicas que actúan en nome propio. As persoas xurídicas só poderán acceder a parte privada da sede mediante certificado electrónico.

PRESENCIALMENTE

Sen certificado electrónico: Cumprimentando o formulario de solicitude de acceso e presentándoo na oficina do rexistro xeral do Concello onde lle entregarán a súa clave previa presentación do DNI orixinal por parte do interesado.

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Neste caso deberá achegarse con posterioridade persoalmente a oficina de rexistro do Concello de Pontevedra co DNI orixinal para que lle entreguen a sua clave.


ELECTRÓNICAMENTE

-Con certificado electrónico: Identifícase na sede, cumprimenta o formulario de solicitude de acceso que está mais abaixo e unha vez gardado no seu equipo con todos os datos que se lle piden preme en "rexistro electrónico" e presenta a sua solicitude electrónicamente. Unha vez presentada a solicitude de acceso acudirá á oficina do rexistro xeral do Concello para recoller a clave asignada. Se quere evitar ter que acudir persoalmente á indicada oficina poderá achegar á solicitude unha copia do NIF e remitiraselle a clave asignada ao enderezo que conste no citado documento.


Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso na propia sede electrónica en calquera momento editando a "carpeta persoal" dentro do apartado "as miñas xestións".

Cando se presente na oficina do rexistro xeral do Concello para recoller a clave de acceso deberá presentar o DNI orixinal.

Se presenta a solicitude electrónicamente e quere evitar ter que acudir persoalmente á indicada oficina poderá achegar á solicitude unha copia do NIF e remitiraselle a clave asignada ao enderezo que conste no citado documento.

As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:

Para acceder aos contidos públicos:

- Directamente sen identificarse

Para acceder a parte privada que conten información persoal podense usar calquera destas duas modalidades indistintamente:

- Identificándose con certificado electrónico

- Identificándose con usuario e clave de acceso (alta na sede).

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico