www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Imposto sobre construccións, instalacións e obras

Feito impoñible e suxeitos pasivos

O Imposto sobre construcións, instalacións e obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, se obtivese ou non a dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao Concello de Pontevedra.

No ICIO, o suxeito pasivo a título de contribuínte é a persoa física, xurídica ou entidade do artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexa dono da construción, instalación ou obra gravada, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Isto é, aquela persoa que soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

Sen embargo, no caso de que a construción, instalación ou obra non a realice o dono da mesma, terá a condición de substituto do contribuínte quen solicite a correspondente licenza (ou no seu caso presente a declaración responsable ou comunicación previa) ou quen realice as construcións, instalacións ou obras.

As obrigas tributarias formais e de pago do ICIO recaerán sempre que exista no substituto do contribuínte, sen prexuízo de que este poda reclamarlle o importe ao contribuínte, cuestión en todo caso allea a esta Administración tributaria.

Exencións

Está exenta do pago do imposto a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais, que estando suxeita ao imposto, vaia ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de investimento novo como de conservación.

Base impoñible, cota e devengo

A base impoñible do imposto está constituida polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela.

Exclúense da base impoñible o IVE e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou obra, tamén os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista ou calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.

A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame, que no Concello de Pontevedra é do 3,2 %.

O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.

Xestión tributaria do imposto

O imposto xestiónase a través dunha dobre vía, a da liquidación provisional para posteriormente proceder á emisión dunha liquidación definitiva.

  • Liquidación/Autoliquidación provisional: Cando se conceda a licenza preceptiva ou se presente a declaración responsable ou a comunicación previa ou cando, no téndose solicitado, concedido ou denegado aínda aquela ou presentado estas, se inicie a construción, instalación ou obra, practicarase polo interesado unha autoliquidación, que terá o carácter de provisional a conta, determinándose a base impoñible, con carácter xeral, en función do orzamento presentado polos interesados, siempre que fose visado polo colexio oficial correspondente cando isto constitúa un requisito preceptivo.

O prazo para efectuar esta autoliquidación será de tres meses a contar dende a data de concesión da licenza que corresponda ou da presentación da declaración responsable ou a comunicación previa ou, no seu caso, dende a data de inicio da obra se esta se producira con anterioridade ás datas anteriores.

A autoliquidación acompañarase do presuposto da construción, instalación ou obra debidamente desglosado e máis o número de licenza que as ampara, de ser esta preceptiva e estar concedida, ou da declaración responsable ou comunicación previa presentada.

  • Liquidación definitiva: Unha vez finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible da autoliquidación provisional practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Bonificacións

O Concello de Pontevedra concede unha bonificación na cota do ICIO, ás construcións, instalacións ou obras para a instalación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A bonificación é do 50%. Para a aplicación desta bonificación será necesario:

  • Que os colectores obxecto da instalación dispoñan da correspondente homologación administrativa.

  • Que a implantación destes sistemas non sexa obrigatoria a teor da normativa específica na materia.

  • Esta bonificación alcanzará exclusivamente á parte da cota correspondente ás construcións, instalacións ou obras destinadas estritamente á fin indicada e en ningún caso se concederá se a construción, instalación ou obra non está amparada pola correspondente licenza ou presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

  • Para a súa concesión será requisito a solicitude expresa do obrigado ao pago no prazo máximo de tres meses dende a concesión da licenza ou presentación de declaración responsable ou comunicación previa, acompañando copia do presuposto de obra que determine razoadamente o custo que supón a parte da construción, instalación ou obra bonificable, identificación da licenza de obras ou orde de execución ou declaración responsable ou comunicación previa presentada que a ampara, así como calquera outra documentación que o interesado estime oportuna. A devolución que xenere a eventual concesión deste beneficio fiscal recibirá o tratamento a efectos de xuros previsto no artigo 31 da Lei xeral tributaria.

Cando teño que presentar e pagar a autoliquidación do ICIO?

Deberá vostede efectuar a autoliquidación no prazo de tres meses a contar dende a data de concesión da licenza, se esta é preceptiva, ou no seu caso da presentación da declaración responsable ou a comunicación previa.
Se antes dos hitos anteriores, se producise o inicio da obra, o prazo contarase dende a data do dito inicio. O inicio da obra quedará acreditado, salvo proba en contrario, por calquera acto de orde material ou xurídica tendente á mesma.
Unha vez realizada a autoliquidación o prazo de pago da mesma será de 5 días naturais, sen que este pago supoña ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos.
Lembre que a autoliquidación que presente deberá vir acompañada do presuposto da construción, instalación ou obra debidamente desglosado e máis o número de licenza que as ampara, de ser esta preceptiva e estar concedida, ou da declaración responsable ou comunicación previa presentada.

Que ocorre se non autoliquido voluntariamente?


No caso de que non autoliquide vostede voluntariamente no prazo de tres meses que se lle concede, esta administración tributaria procederá a regularizar a súa situación tributaria por medio dun procedemento de comprobación tributaria.

Liquidaraselle o imposto e xunto coa cota tributaria deberá vostede aboar o xuro de mora polo tempo de retraso acumulado.
A administración dispón de 4 anos para efectuar esta regularización e os xuros de mora determinaranse tendo en conta o tipo vixente ao longo do período, sendo para os últimos exercicios os seguintes:



Anos




2011




2012




2013




2014




2015




Tipo de xuro de mora




5,00%




5,00%




5,00%




5,00%




4.38 %



Teño dereito a algún beneficio fiscal?


As construcións, instalacións ou obras para a instalación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo gozarán dunha bonificación do 50%.
Para a aplicación desta bonificación deberá ter en conta que:
-Os colectores obxecto da instalación deben dispor da correspondente homologación administrativa.
-Solicitarase expresamente polo obrigado tributario no prazo voluntario de autoliquidación.
-Acompañarase copia do presuposto de obra que determine razoadamente o custo que supón a parte da construción, instalación ou obra bonificable, identificación da licenza de obras ou orde de execución ou declaración responsable ou comunicación previa presentada que a ampara, así como calquera outra documentación que o interesado estime oportuna.
-A bonificación alcanzará exclusivamente á parte da cota correspondente ás construcións, instalacións ou obras destinadas estritamente á fin indicada
-En ningún caso se concederá se a construción, instalación ou obra non está amparada pola correspondente licenza ou presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
-Non se concederá esta bonificación cando a implantación destes sistemas sexa obrigatoria a teor da normativa específica na materia.



Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
RECADACIÓN VOLUNTARIA Michelena, 30 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
RECADACIÓN VOLUNTARIA Michelena, 30 2º 986804300 EXT 7335
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
RECADACIÓN VOLUNTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Volver