www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Outras taxas

Que outras taxas ten impostas o Concello de Pontevedra?

O Concello de Pontevedra, ademais das taxas:

  • Pola prestación dos servizos de xestión de rede de sumidoiros, auga e lixo

  • Pola utilización privativa ou aproveitamento especial constituído por ocupacións de terreos de uso público,

ten impostas taxas pola prestación dos servizos seguintes aos solicitantes dos mesmos ou quen aproveite o servizo:

  • Taxa por apertura de establecementos

  • Taxa por recollida, retirada, transporte, depósito e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas

  • Taxa por expedición de documentos

  • Taxa por licenzas de autotaxis e demais vehículos de aluguer

  • Taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios

  • Taxa pola prestación de servizos urbanísticos

  • Taxa pola prestación de servizos nos cemiterios municipais

  • Taxa pola prestación dos servizos nos mercados municipais

  • Taxa por servizos especiais ou transportes

Pode vostede consultar os casos en que debe aboarse, quen ten que aboalas e como, consultando os textos das corresponentes ordenanzas fiscais.

TAXA APERTURA ESTABLECEMENTOS-Que ocorre se non presento e pago en prazo a autoliquidación?

No caso de expedientes a instancia de parte, se non presenta e paga a autoliquidación con carácter previo á presentación da solicitude, ou no prazo de subsanación que se lle ofreza, non se iniciará a tramitación de expediente ningún.
O servizo correspondente requeriralle a cumprimento de tal obriga e presentación de xustificante bancario do ingreso. Se non o fai, a solicitude darase por non presentada.

TAXA APERTURA ESTABLECEMENTOS-Cando teño que presentar e aboar a autoliquidación?

A taxa esixirase en réxime de depósito previo do seu importe total.Así, o depósito satisfarase antes da presentación da oportuna solicitude da licenza de apertura ou, no seu caso, da presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
O prazo de pago en período voluntario da autoliquidación é de cinco días naturais e o xustificante bancario do ingreso efectuado deberá presentarse xunto coa solicitude de licenza ou declaración responsable ou comunicación previa. Teña en conta que se despois de formulada a solicitude de licenza de apertura ou, no seu caso, da presentación de declaración responsable ou comunicación previa que correspondese, se modificase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, se alterasen as condicións proxectadas para tal establecemento ou se ampliase o local inicialmente previsto, deberá presentarse unha nova autoliquidación na administración municipal.

TAXA POR LICENZAS URBANISTICAS-Cando teño que presentar e aboar a autoliquidación?

A taxa esixirase en réxime de depósito previo do seu importe total.

Así, o depósito satisfarase antes da presentación da oportuna solicitude da licenza ou, no seu caso, da presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

O prazo de pago en período voluntario da autoliquidación é de cinco días naturais e o xustificante bancario do ingreso efectuado deberá presentarse xunto coa solicitude que se formule.

Teña en conta que se despois de formulada a solicitude de licenza ou, no seu caso, da presentación de declaración responsable ou comunicación previa que correspondese, se alterasen as condicións da solicitude, deberá presentarse unha nova autoliquidación na administración municipal.

TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS-Qué ocorre se non presento e pago en prazo a autoliquidación?

No caso de expedientes a instancia de parte, se non presenta e paga a autoliquidación con carácter previo á presentación dla solicitude, ou no prazo de subsanación que se lle ofreza, non se iniciará a tramitación de ningún expediente.

O servizo correspondente lle requirirá o cumprimiento de tal deber e a presentación de xustificante bancario do ingreso. Se non o fai, a solicitude darase por non presentada.

TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS-Teño dereito a algún beneficio fiscal?

A ordenanza fiscal municipal prevé só a posibilidade dunha bonificación do 50% para aquelas obras que teñan lugar en zonas comúns de edificacións construidas con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba a lexislación de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, que tenñn por finalidade exclusiva a eliminación de barreiras arquitectónicas e avance das condicións de accesibilidade para persoas con minusvalía física, tales como a creación de rampas, ancheamento de portas, a instalación de ascensores ou elevadores e similares, sempre que as ditas obras cumpran co disposto nesa normativa.

Para a concesión desta bonificación o obrigado tributario deberá solicitalo, acompañando a documentación na que fundamente o seu dereito.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver