www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Feito impoñible e suxeitos pasivos

O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

Suxeito pasivo será a persoa física ou xurídica, así como entidades do artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.

Considérase vehículo apto para a circulación o que fose matriculado nos rexistros públicos correspondentes (Tráfico) e mentres non causasen baixa nestes. Inclúense os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.

Sen embargo, quedan excluidos:

a) Os vehículos dados de baixa nos Rexistros por antigüidade do seu modelo, que podan ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas aos desta natureza.

b) Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica cuxa carga útil non sexa superior a 750 kilogramos.

Exencións

Pode consultar a lista completa de supostos de exención do imposto no artigo 93 do Texto refundido da lei de facendas locais. Destacan entre elas:

a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais, pero só os adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.

b) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria ou ao traslado de feridos ou enfermos.

c) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida a que se refire o apartado A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro.

Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as ditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.

Estas exencións só pode disfrutalas o suxeito pasivo beneficiario por un vehículo en cada momento.

A efectos do disposto neste parágrafo, consideraranse persoas con minusvalía quen teña esta condición legal en grao igual ou superior ao 33 por cento.

f) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de Cartilla de Inspección Agrícola.

Estas dúas últimas exencións requiren solicitude previa do interesado. Pode consultar na ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica a documentación que debe achegar coa solicitude.

Cota tributaria

O imposto esíxese con arranxo ao seguinte cadro de tarifas:

CONCEPTO

COTA

TURISMOS

De menos de 8 cabalos fiscais

20,29 €

De 8 ata 11,99 cabalos fiscais

55,85 €

De 12 ata 15,99 cabalos fiscais

118,50 €

De 16 ata 19,99 cabalos fiscais

151,25 €

De 20 cabalos fiscais en adiante

190,86 €

AUTOBUSES

De menos de 21 prazas

133,89 €

De 21 a 50 prazas

198,32 €

De máis de 50 prazas

252,74 €

CAMIÓNS

De menos de 1.000 kg de carga útil

67,95 €

De 1.000 kg a 2.999 kg de carga útil

136,56 €

De 2.999 kg a 9.999 kg de carga útil

198,32 €

De máis de 9.999 kg de carga útil

252,74 €

TRACTORES

De menos de 16 cabalos fiscais

28,41 €

De 16 a 25 cabalos fiscais

45,50 €

De máis de 25 cabalos fiscais

141,96 €

REMOLQUES

De menos de 1.000 kg de carga útil

28,41 €

De 1.000 kg a 2.999 kg de carga útil

45,50 €

De máis de 2.999 kg de carga útil

141,96 €

OUTROS VEHÍCULOS

Ciclomotores

7,09 €

Motocicletas ata 125 cc

7,09 €

Motocicletas de máis de 125 cc ata 250 cc

12,42 €

Motocicletas de máis de 250 cc ata 500 cc

25,31 €

Motocicletas de máis de 500 cc ata 1.000 cc

51,13 €

Motocicletas de máis de 1.000

103,24 €


A cota tributaria ten carácter anual, podendo ratearse unicamente nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o rateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por substración ou roubo de vehículo, e isto dende o momento en que se produza a dita baixa temporal no rexistro de Tráfico.

En calquera caso, para a aplicación da tarifa anterior teranse en conta as seguintes regras:

  1. O concepto das diversas clases de vehículos relacionados na tarifa será o recollido no anexo 2º do Real decreto 2822/1998, de 23 decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de vehículos.

b) Para os efectos do cálculo da carga útil, nos casos nos que consten na tarxeta de inspección técnica dous valores distintos para a masa máxima tecnicamente admisible (MMTA) e para a masa máxima autorizada (MMA), aplicarase a efectos de tarifa o valor que corresponda á MMA.

c) Os vehículos mixtos adaptables tributarán segundo o número de prazas autorizadas para este tipo de vehículos:

c.1) Se o vehículo mixto ten autorizadas ata 5 prazas, incluíndo o condutor, tributará como camión.

c.2) Se o vehículo mixto ten autorizadas de 6 a 9 prazas, ambas incluidas, contando a do condutor, tributará como turismo.

c.3) Se o vehículo mixto ten autorizadas 10 ou máis prazas, incluíndo o condutor, tributará como autobús.

d) As máquinas autopropulsadas que podan circular pola vía pública sen ser transportadas ou arrastradas por outros vehículos de tracción mecánica deben tributar segundo as tarifas correspondentes aos tractores.

e) As motocicletas eléctricas teñen a consideración, ao efecto deste imposto, de motocicletas ata 125 c.c. ou ben de ciclomotores, en función da súa potencia eléctrica.

Bonificacións

O Concello de Pontevedra só ten regulada unha bonificación a aplicar sobre a cota tributaria do IVTM, concretamente a relativa aos vehículos históricos, sempre e cando acrediten a súa catalogación como tal de acordo co Real decreto 1247/1995, de 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, e na normativa autonómica de aplicación, no caso de Galicia a Orde do 17 de xuño de 1996, pola que se establecen requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación dos ditos vehículos; ou todos aqueles que teñan unha antigüidade superior a vinte e cinco anos, nos termos previdos no artigo 95.6.c) do Texto refundido da lei de facendas locais.

A bonificación será do 100 % sobre a cota do imposto e ten carácter rogado.

Pode ver os requisitos e documentación necesaria para a solicitude destes beneficios fiscais na vixente Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Período impositivo e devengo

O período impositivo coincide co ano natural, salvo caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comezará o día en que se produza a dita adquisición.

O imposto se devenga o primeiro día do período impositivo.

Xestión tributaria do imposto

A xestión, liquidación, inspección e recadación, así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria corresponde ao concello do enderezo que conste no permiso de circulación do vehículo, se ben as liquidacións que se efectúen basearanse nos datos que do vehículo consten no rexistro de Tráfico.

O Concello de Pontevedra esixe este imposto en réxime de autoliquidación para os casos de alta por primeira adquisición do vehículo.

Debe ter en conta que quen solicite ante a Xefatura provincial de Tráfico a matriculación ou a certificación de aptitude para circular dun vehículo, deberán acreditar previamente o pago do imposto.

O mesmo ocorrerá cando se solicite un cambio de titularidade administrativa dun vehículo ante a Xefatura Provincial de Tráfico, quen non a tramitará en tanto o seu titular rexistral non acreditara o pago do imposto correspondente ao período impositivo do ano anterior a aquel en que se realice o trámite.

En que concello teño que pagar o IVTM?

O IVTM corresponde pagalo no concello onde teña domicilio o vehículo no Rexistro da Dirección Xeral de Tráfico.
Lembre que se cambia de domicilio ten o prazo de 15 días dende o dito cambio para comunicalo á Xefatura Provincial de Tráfico.
Unha vez realizado o cambio, a Xefatura Provincial de Tráfico comunicarallo, se é o caso, a ambos concellos (o do domicilio antigo e o do novo domicilio).

Vendín este ano o meu vehículo, teño que pagar o imposto? Podo solicitar a devolución proporcional polo tempo que xa non era da miña propiedade?

O obrigado ao pago do recibo de IVTM é o titular do vehículo a data 1 de xaneiro. Neste suposto non é posible ratear a cota do recibo entre comprador e vendedor, polo tanto o vendedor terá que pagalo integramente.

Din de baixa provisionalmente o meu vehículo, teño que pagar o imposto? Teño dereito a algunha devolución?

No exercicio en que dé a baixa non ten dereito a ningún rateo, a cota do imposto debe ser aboada integramente. O mesmo lle ocorrerá cando queira volver dar de alta o vehículo. Sen embargo, nos exercicios intermedios nos que o vehículo conste de baixa durante todo o exercicio, non terá que aboar o IVTM.

Roubáronme o coche, podo solicitar a devolución parcial do IVTM?

Si, sempre que a denuncia fora presentada na Policía, e coa denuncia e a documentación que lle requiran na Dirección General de Tráfico, tramite a baixa temporal do vehículo por causa de robo.
Neste caso, realizados estes trámites, poderá pedir a devolución proporcional dos trimestres nos que o vehículo estivese dado de baixa por tal causa.

Son minusválido, teño dereito a algún beneficio fiscal? Como o solicito e cando?

Si, pode ter dereito a unha exencion do imposto sempre que o solicite no exercicio anterior a aquel no que se pretenda a súa aplicación.
Para solicitalo, poderá vostede
a) Facelo a través desta sé virtual, premendo aquí (Formulario 802), e cumprimentando todos os campos necesarios.
b) Ou ben presencialmente, entregando o formulario correspondente cumprimentado e asinado no rexistro do Concello de Pontevedra (r/ Michelena, 30, pranta baixa)
A documentación que deberá achegar será:
1.1.- No caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos e destinados ao seu transporte
Copia ou certificado orixinal da súa discapacidade.
Copia do permiso de circulación no que figure como titular do vehículo o beneficiario da exención.
Copia da póliza do seguro do vehículo no que deben coincidir o titular do vehículo e o tomador do seguro.
Copia ou xustificante orixinal de pago do seguro do vehículo.
Declaración xurada de uso exclusivo para o transporte do beneficiario da exención.
1.2.- No caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo e conducidos por eles mesmos:
Copia ou certificado orixinal da súa discapacidade.
Copia do permiso de circulación no que figure como titular do vehículo o beneficiario da exención.
Copia da póliza do seguro do vehículo no que deben coincidir o titular do vehículo, o tomador do seguro e máis o condutor habitual do vehículo.
Copia ou xustificante orixinal de pago do seguro do vehículo.
Declaración xurada de uso exclusivo polo beneficiario da exención.
Notas comúns aos dous supostos.
O certificado da discapacidade entenderase entregado ben mediante a achega do certificado da minusvalía emitido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia ou, acreditar que ten a condición de minusválido nos termos previstos na Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, e acreditalo de acordo coa súa normativa de desenvolvemento, isto é, o Real decreto 1414/2006, de 1 decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade aos efectos da Lei 51/2003.
Lembre que se non o solicita, os anos anteriores non son recuperables aínda que cumprise todos os demais requisitos para o disfrute do beneficio fiscal.

O meu vehículo ten máis de 25 anos de antigüidade, teño que seguir pagando o IVTM? Como fago para non ter obriga de pagalo?

Ten vostede dereito a unha bonificación do 100 % da cota tributaria, pero deberá solicitalo previamente.
De acordo coa ordenanza municipal fiscal reguladora do IVTM, disfrutarán dunha bonificación do 100 por 100 sobre a cota do imposto, os vehículos históricos, sempre e cando acrediten a súa catalogación como tal de acordo co Real decreto 1247/1995, de 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, e na normativa autonómica de aplicación, no caso de Galicia a Orde do 17 de xuño de 1996, pola que se establecen requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación dos ditos vehículos; ou todos aqueles que teñan unha antigüidade superior a vinte e cinco anos, nos termos previdos no artigo 95.6.c) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo
Deberá achegar ademais copia da documentación do vehículo. Lembre que deberá solicitalo no exercicio anterior a aquel no que se pretenda a aplicación do beneficio fiscal, e sempre despois de que o vehículo xa cumprira os 25 anos no seu caso. Se non o solicita, os anos anteriores non son recuperables aínda que cumprise todos os demais requisitos para o disfrute do beneficio fiscal.
Ademais para disfrutar desta bonificación deberá estar ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello de Pontevedra.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Volver