www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Imposto sobre actividades económicas

Feito impoñible e suxeito pasivo

O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, cuxo feito impoñible está constituido polo mero exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, se exerzan ou non en local determinado e se atopen ou non especificadas nas tarifas do imposto.

Será suxeito pasivo quen realizase as ditas actividades no territorio nacional.

Considérase que unha actividade se exerce con carácter empresarial, profesional ou artístico, cando supoña a ordenación por conta propia de medios de producción e de recursos humanos ou dun de ambos os dous, coa finalidade de intervir na producción ou distribución de bens ou servizos. E a súa realización probarase por calquera medio admisible en dereito, e particularmente os contemplados no artigo 3 do Código de Comercio.

Son actividades empresariais as gandeiras, cando teñan carácter independente, as mineiras, industriais, comerciais e de servizos.

Non teñen, por conseguinte, carácter de actividade empresarial, profesional ou artístico

  • As actividades agrícolas, as gandeiras dependentes, as forestais e as pesqueiras O alleamento de bens integrados no activo fixo das empresas con máis de dous anos de antelación á data de transmitirse
  • A venda de bens de uso particular e privado do vendedor sempre que os utilizase durante dous anos
  • A venda dos produtos que se reciben en pago de traballos personais ou servizos profesionais
  • A exposición de artigos coa fin exclusiva de decoración ou adorno do establecemento. Polo contrario, estará suxeita ao imposto a exposición de artigos para regalo aos clientes.
  • Cando se trate de venda ao por menor a realización dun só acto ou operación illada.

Exencións

Pode consultar a lista completa de supostos de exención do imposto no artigo 82 do Texto refundido da lei de facendas locais. Destacan entre elas:

a) O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter das comunidades autónomas e das entidades locais.

b) Os suxeitos pasivos que inicien o exercicio da súa actividade en territorio español, durante os dous primeiros períodos impositivos deste imposto en que se desenvolva aquela.

Non se considerará inicio do exercicio dunha actividade cando esta xa se desenvolvera anteriormente baixo outra titularidade, por exemplo nos casos de fusión ou escisión de ramas de actividade.

c) As persoas físicas.

d) Os suxeitos pasivos do Impuesto sobre Sociedades, sociedades civís e as entidades do artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 de euros.

e) Organismos públicos de investigación, establecementos de ensinanza en todos os seus graos costeados íntegramente con fondos do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, ou por fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública, e os establecementos de ensinanza en todos os seus graos que, carecendo de ánimo de lucro, estuvisen en réxime de concerto educativo.

f) Asociacións e fundacións de diminuidos físicos, psíquicos e sensoriais, sen ánimo de lucro, polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistenciais e de emprego que para a ensinanza, educación, rehabilitación e tutela de minusválidos realicen, aínda que vendan os produtos dos talleres adicados aos ditos fins, sempre que o importe da dita venda, sen utilidade para ningunha persona, se destine exclusivamente á adquisición de materias primas ou ao sostemento do establecemento.

g) A Cruz Vermella Española.

Cota tributaria

A cota tributaria será a resultante de aplicar sobre as tarifas do imposto, os coeficientes previstos pola lei e a ordenanza fiscal municipal.

Cota tributaria = Tarifas do imposto * Coeficiente de ponderación * Coeficiente de situación

Para o cálculo da débeda tributaria, engadirase ao resultado da operación anterior o importe da recarga provincial que este Concello ten obriga de recadar para a Deputación, e que está fixado nun 30 % da cota mínima municipal.

As Tarifas do impostofixan as cotas mínimas a pagar polo imposto.

Pode consultalas vostede no Real Decreto Legislativo 1175/1990, do 28 de septiembre, polo que se aproban as tarifas e a instrución do Imposto sobre actividades económicas.

Estas tarifas mínimas:

- Delimitan o contido das actividades gravadas de acordo coas características dos sectores económicos, tipificándoas, con carácter xeral, mediante elementos fixos que deberán concorrer no momento do devengo do imposto.

- Os epígrafes e rúbricas que clasifiquen as actividades suxeitas está ordenadas, no posible, con arranxo á Clasificación Nacional de Actividades Económicas.

- Determina aquelas actividades ou modalidades destas ás que polo seu escaso rendemento económico se lles sinala cota cero.

- Fixan, se é o caso, cotas provinciais ou nacionais, sinalando as condicións en que as actividades poderán tributar por tales cotas e fixando o seu importe.

Sobre as cotas municipais, provinciais ou nacionais fixadas nas tarifas do imposto aplicarase, en todo caso, un Coeficiente de ponderación, determinado en función do importe neto da cifra de negocios do suxeito pasivo.

O dito coeficiente determinarase de acordo co seguinte cadro:

Importe neto de la cifra de negocios (euros)

Coeficiente

Desde 1.000.000,00 hasta 5.000.000,00

1,29

Desde 5.000.000,01 hasta 10.000.000,00

1,30

Desde 10.000.000,01 hasta 50.000.000,00

1,32

Desde 50.000.000,01 hasta 100.000.000,00

1,33

Más de 100.000.000,00

1,35

Sin cifra neta de negocio

1,31

Finalmente, os Coeficientes de situación aprobados polo Concello de Pontevedra, segundo a categoría fiscal da vía pública na que radique a actividade, son:

CATEGORÍA FISCAL

COEFICIENTE

2,85

2,05

1,60

1,05

0,90

Pode consultar o rueiro fiscal do Concello de Pontevedra aquí

Bonificacións aplicables

a) As cooperativas, así como as unións, federacións e confederacións daquelas e as sociedades agrarias de transformación terán a bonificación prevista na Lei sobre réxime fiscal das cooperativas.

b) Unha bonificación do 50 por cento da cota correspondente, para quen inicie o exercicio de calquera actividade profesional, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenvolvemento daquela.

c) Os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que teñan incrementado o promedio da súa plantilla de traballadores con contrato indefinido durante o período impositivo inmediato anterior ó da aplicación, disfrutarán dunha bonificación igual ao devandito incremento promedio, cun máximo dun 25%, sobre as cotas fixas municipais, sempre que o devandito incremento sexa como mínimo do 10%, a plantilla previa ó incremento sexa igual ou superior a seis traballadores, os traballadores contratados estean empadroados no termo municipal de Pontevedra e sexan contratados ó abeiro de “Programa de fomento de emprego” para o ano ao que se refire este parágrafo.

Exclúense do disposto neste artigo aqueles traballadores cuxa contratación bonificada veña motivada polo tempo que lle reste de percepción do subsidio de desemprego.

De se volver a solicitar esta bonificación, o número de traballadores inicial non poderá ser inferior ó total, incluídos ós que deron dereito a bonificación, que posuía o suxeito pasivo para a bonificación anteriormente aplicada.

Período impositivo e devengo

O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de declaracións de alta, en cuxo caso abarcará dende a data de comezo da actividade ata o final do ano natural.

O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo e as cotas non serán rateables, salvo:

  • Casos de declaración de alta, en que as cotas se calcularán proporcionalmente ao número de trimestres naturais que restan para finalizar o año, incluido o do comezo do exercicio da actividade.

  • Casos de baixa por cese no exercicio da actividade, en que as cotas serán rateables por trimestres naturais, excluido aquél no que se produza o dito cese. O rateo dará lugar a unha devolución, sempre previa solicitude do interesado.

Xestión censual do imposto

A xestión censual do IAE corresponde á Administración tributaria do Estado, isto é a AEAT, e inclúe basicamente a formación da matrícula do imposto, a calificación das actividades económicas e o sinalamento das cotas mínimas correspondentes.

A formación da matrícula é de especial importancia no IAE, posto que a súa formación anual (constituida polos censos comprensivos de todas as actividades económicas, suxeitos pasivos, cotas mínimas e, no seu caso, recarga provincial) é a base para a posterior elaboración do padrón tributario polo Concello. A matrícula exporase ao público entre o 1 e o 15 de abril de cada exercicio e poderá ser consultado nas dependencias de Xestión Tributaria do Concello de Pontevedra.

Sen prexuízo disto, a notificación destes actos pode ser practicada pola AEAT ou polo Concello de Pontevedra, xunto coa notificación das liquidacións conducentes á determinación das débedas tributarias.

Tamén corresponde á AEAT a inspección do imposto. Sen embargo, o Concello de Pontevedra ten delegadas as ditas funcións, o que lle permite inspeccionar os feitos impoñibles e elementos tributarios do IAE no seu termo municipal.

En todo caso, o coñecemento das reclamacións que se interpoñan contra os actos de xestión censual ditados pola AEAT, así como os actos de inspección ditados polo Concello por delegación desta, corresponderá aos Tribunais Económico-Administrativos do Estado.

Lembre que a interposición dun recurso de reposición ante Catastro non suspende a execución da liquidación do imposto, debendo aboar a cota tributaria, sen prexuízo de que poida chegar a corresponderlle posteriormente unha devolución de ingresos.

Xestión tributaria do imposto

Elaborada e exposta a matrícula do imposto, o Concello de Pontevedra recibirá a matrícula definitiva sobre a que elaborará o padrón tributario e calculará as cotas tributarias a pagar polos suxeitos pasivos.

A liquidación e recadación, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria do IAE corresponde ao Concello.

A xestión tributaria comprende as funcións de concesión e denegación de exencións e bonificacións, realización das liquidacións conducentes á determinación das débedas tributarias, emisión dos instrumentos de cobro, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos, resolución dos recursos que se interpoñan contra os ditos actos e actuacións para a información e asistencia ao contribuínte referidas a estas materias.

Teño que darme de alta no IAE aínda que sexa persoa física e non me corresponda pagar o IAE?

Si, ten que facelo. Esta obriga cúmprese ante a AEAT presentando o formulario 840 ben sexa presencial ou telemáticamente. A propia AEAT informará ao Concello, con motivo do envío do censo anual do imposto, do seu carácter de persoa física e, en consecuencia, exención do imposto, sen necesidade de que faga vostede nada máis.

Se me corresponde pagar o IAE, hai algún beneficio fiscal que poida aplicárseme e que teña que pedir expresamente no concello?

Existen dous beneficios fiscais a solicitar expresamente no Concello, posto que só a el corresponde (e non á AEAT) a súa concesión. Concretamente:
1. Os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que teñan incrementado o promedio da súa plantilla de traballadores con contrato indefinido durante o período impositivo inmediato anterior ó da aplicación, disfrutarán dunha bonificación igual ao devandito incremento promedio, cun máximo dun 25%, sobre as cotas fixas municipais, sempre que o devandito incremento sexa como mínimo do 10%, a plantilla previa ao incremento sexa igual ou superior a seis traballadores, os traballadores contratados estean empadroados no termo municipal de Pontevedra e sexan contratados ao abeiro de “Programa de fomento de emprego” para o ano ao que se refire este parágrafo. Exclúense do disposto neste artigo aqueles traballadores cuxa contratación bonificada veña motivada polo tempo que lle reste de percepción do subsidio de desemprego.
2. Estarán exentos os bens dos que sexan titulares as entidades sen fins lucrativos e aquelas outras entidades recollidas na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, nos supostos e cos requisitos que establecen a citada Lei e máis o Regulamento para a aplicación do dito réxime fiscal, aprobado polo Real decreto 1270/2003, do 10 de outubro, así como o disposto na Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección do concello de Pontevedra.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
RECADACIÓN VOLUNTARIA Michelena, 30 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
RECADACIÓN VOLUNTARIA Michelena, 30 2º 986804300 EXT 7335
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
RECADACIÓN VOLUNTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Volver