www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

411 Relación de persoas propietarias de locais e vivendas do edificio que cumpren todos os requisitos das bases reguladoras (Plan Estatal de Vivenda 2018-2021)

A través deste impreso normalizado os/as interesados/as completarán a solicitude de subvención establecendo a relación de propietarios dos locais e das vivendas do edificio que cumpren todos os requisitos das bases reguladoras coa finalidade de obter as axudas que, en materia de rehabilitación de edificios, establece o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Ás persoas solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral das actuacións: as persoas usuarias legais, como propietarios/as, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso, cando as vivendas constitúan o seu domicilio habitual e permanente, así como ás persoas titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas elas mesmas ou transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro xeito legal admisíbel, sempre que sexa como residencia habitual.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

    Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso ANEXO II Relación de persoas propietarias dos locais e das vivendas do edificio que cumpren todos os requisitos das bases reguladoras.

    Se é necesario, poderase presentar unha relación de propietarios seguindo o mesmo esquema do anexo.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina técnica de rehabilitación ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 ext 7590 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina técnica de rehabilitación ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 ext 7590
Oficina Horario
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

-Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

-Real decreto 106/2018, dó 9 de marzo, polo que que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.

- Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado polo RD 887/2006, do 21 de xuño.

- Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.

Normativa municipal:

-Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión que tivo lugar o día 17 de setembro de 2004 (BOP núm. 190 do 30/09/2004).

-Bases de execución dos presupostos y demais normativa de pertinente aplicación.

-Bases reguladoras econvocatoria das axudas árehabilitación de edificios evivendas naÁrea de Rehabilitación Integral donúcleo de Estribela edo Conxunto Histórico de Pontevedra. (BOP núm. 75 del 17/04/2019).


Volver
Rexistro electrónico