www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

250 Solicitude de participación no proceso selectivo para a creación dunha lista de reserva de prazas e postos de técnico de administración xeral

Procedemento para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas e postos de técnico de administración xeral, integradas no grupo A, subgrupo A1, da subescala técnica da escala de Administración especial, clase técnicos superiores.

Todas aquelas persoas que soliciten participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

Para poder participar no proceso selectivo deberase presentar a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación
  • Copia do DNI
  • Curriculum vitae no que se aleguen os méritos a valorar na fase de concurso
  • Acreditación do nivel de celga IV, ou equivalente (só para aqueles aspirantes que desexen que se lles teña en conta a non obrigatoriedade da proba de galego)

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria xunto coas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Os aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva a través da Sede electrónica do Concello, ao xuntar a documentación requirida en cada caso polas bases reguladoras, deberán nomear os arquivos que xuntan identificando con claridade o seu contido (DNI, currículum vitae, etc).

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Servizo de persoal De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico