www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

198 Solicitude de participación no proceso selectivo para a creación dunha lista de reserva de prazas e postos de psicólogo/a asesor/a do Centro de Información a Muller

Procedemento para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas e postos de psicólogo asesor do Centro de Información á Muller, integradas no grupo A, subgrupo A1, da subescala técnica da escala de Administración especial, clase técnicos superiores.

Todas aquelas persoas que soliciten participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

Para poder participar no proceso selectivo deberase presentar a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación
  • Copia do DNI
  • Curriculum vitae no que se aleguen os méritos a valorar na fase de concurso
  • Acreditación do nivel de celga IV, ou equivalente (só para aqueles aspirantes que desexen que se lles teña en conta a non obrigatoriedade da proba de galego)

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria xunto coas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Os aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva a través da Sede electrónica do Concello, ao xuntar a documentación requirida en cada caso polas bases reguladoras, deberán nomear os arquivos que xuntan identificando con claridade o seu contido (DNI, currículum vitae, etc).

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Servizo de persoal De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico