www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

197 Solicitude xeral de empregado público municipal dirixida ao Servizo de persoal do Concello de Pontevedra

Se vostede é empregado ou empregada pública municipal, consultou o catálogo de servizos de recursos humanos e non localiza un modelo de solicitude mais adecuado para a súa petición pode dirixir a súa solicitude, escrito ou comunicación ao Servizo de Persoal do Concello de Pontevedra achegando a súa solicitude ao procedemento de solicitude xeral que se describe a continuación.

Os empregados e as empregadas públicas municipais que dirixan unha solicitude, escrito ou comunicación ao Servizo de Persoal do Concello de Pontevedra.

Poderán presentalo:

- PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300 Fax: 886 212 843

Horario: De luns a vernes de 8.30 a 14.30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13.45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

- ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso.

Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Poderá tamén identificarse co seu certificado electrónico de persoal empregado público.

Cando menos a solicitude, que poderá presentarse:

- mediante o modelo de solicitude 197 na que se exprese con claridade o obxecto da solicitude, escrito ou comunicación.

- ou ben mediante os modelos de solicitude normalizados determinados polo Servizo de Persoal para os diferentes procedementos que así o requiran, os cales poden atoparse na INTRANET do Concello de Pontevedra

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Servizo de persoal De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Poderanse descargar os modelos de solicitude editables publicados no apartado de “repositorio documental” da INTRANET do Concello de Pontevedra (identificándose co seu usuario e contrasinal de empregado público municipal) á que poderá acceder no seguinte enlace:

https://intranet.pontevedra.gal/intranet/

    Pode darse de alta na sede electrónica para acceder con usuario e contrasinal a través do seguinte procedemento:


    Volver
    Rexistro electrónico