www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

204A Solicitude de subvención para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2017 (Anual 2017)

Procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais en el año 2017 (Anual 2017) que promovan as entidades privadas sen ánimo de lucro, atendendo aos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión.

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria: as asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, adaptadas as disposicións da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra, que participen en competicións deportivas oficiais (entendendo por oficiais as competicións deportivas organizadas polas entidades federativas responsables das mesmas, agás naqueles casos que as federacións ou asociacións non as organicen) e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

ELECTRÓNICAMENTE

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar. Para presentar a solicitude electrónica deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”

  • Formularios solicitude da subvención debidamente cubertos.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de deportes Pavillón municipal de deportes r/ Xoán Manuel Pintos, s/n 986872013 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de deportes Pavillón municipal de deportes r/ Xoán Manuel Pintos, s/n 986872013
Oficina Horario
Servizo de deportes De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo qu ese aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    NORMATIVA MUNICIPAL:

As persoas xurídicas que desexen comunicar un correo electrónico para recibir os avisos das notificacións que emita o Concello de Pontevedra deberán facelo a través do procedemento 181 que se indica a continuación (téñase en conta que as persoas xurídicas só recibirán notificacións electrónicas):


Volver