www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

508 Solicitude de licenzas de obras e de apertura

Solicitude de licenza para a execución das obras e instalacións necesarias para o posterior desenvolvemento dunha actividade económica e/ou a apertura de establecementos comerciais, profesionais ou industriais que, consonte coa normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación, así como as intervencións en edificios declarados BIC ou catalogados.

Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade económica nun local e/ou abrir un establecemento comercial, profesional ou industrial e precisen executar obras de acondicionamento e instalación previas suxeitas a licenza consonte coa normativa xeral de ordenación da edificación, ou cando se trate de intervencións en edificios declarados BIC ou catalogados.


As persoas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar poderanse presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente, vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude, premendo no botón "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen persoalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.


  • Solicitude (Mod 508-Solicitude de licenzas de obras e de apertura)

  • Fotocopia do NIF/NIE da persoa solicitante e, no seu caso, da persoa representante

  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)

  • Documentación acreditativa da referencia catastral

  • Xustificante do pagamento dos tributos municipais

O comunicante declara baixo a súa responsabilidade:

- que conta cos informes sectoriais preceptivos conxuntamente con todosos que sexan necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.

- que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período a el inherente e que, ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das preceptivas licenzas ou presentación das correspondentes comunicacións previas que, segundo o caso, resulten necesarias para tal finalidade.

- que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.

- que unha vez rematadas as obras/instalacións e antes da posta en funcionamento, presentará a Comunicación Previa para o inicio da actividade á que xuntará certificado final de obra asinado por técnico competente e, no seu caso, visado colexialmente. O referido certificado acreditará, de ser procedente, que coas instalacións ou obras de acondicionamento executadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incendios, o Regulamento electromagnético para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e normativa sanitaria, como que o establecemento cumpre coas determinacións contidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Plan Xeral de Ordenación Urbana e, no seu caso, o cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, ou norma que o substitúa

  • No caso de obras maiores:

    Proxecto técnico completo asinado por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexio correspondente.

    Oficio de dirección de obras

  • No caso de obras menores:

    Memoria de actividade que, no seu caso, incluirá documentos básicos de aplicación, normativa específica da actividade e xustificación da normativa autonómica e supresión de barreiras e ordenanza de ruídos, subscritos por persoal técnico competente e visada polo colexio oficial correspondente.

    Orzamento debullado ou por partidas das obras

    Plano de situación do inmoble

    Copia da licenza municipal de apertura anterior.

    Certificado de seguridade e solidez subscrito por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexio oficial correspondente.

    A autorización ou declaración ambiental que proceda

    As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos para o exercicio da actividade

    Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, cando proceda

    Copia de licenzas/comunicacións previas/declaracións responsables anteriores

    Documento acreditativo da constitución de fianza, de ser o caso

    Nas obras exteriores en fachadas e cubertas débese indicar o MEDIO AUXILIAR A EMPREGAR

DESCARGUE AQUÍ O MODELO DE SOLICITUDE EDITABLE:

  • Lei 2/2016, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.

  • Lei 9/13, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o Decreto 144/2016, polo que se aproba o Regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos

  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia

NORMATIVA MUNICIPAL


Volver
Rexistro electrónico