www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

205A Solicitude da subvención para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2017/18 (Escolas deportivas municipais 2017/18)

Solicitude das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2017/2018 que promovan as entidades privadas sen ánimo de lucro, atendendo aos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión.

As entidades deportivas privadas sen ánimo de lucro, validamente constituídas, que teñan o seu domicilio social no municipio de Pontevedra, realicen actividades de interese municipal e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

As federacións deportivas de carácter autonómico, provincial ou local, validamente constituídas, aínda que non estean domiciliadas no municipio de Pontevedra, que realicen actividades de interese municipal dentro do Concello ou en beneficio do mesmo.

As asociacións de nais e pais (ANPA), e as entidades deportivas, dos colexios públicos do rural do municipio de Pontevedra.

Electronicamente

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”.

  • Formularios solicitude da subvención debidamente cubertos.

  • Certificado do seguro de responsabilidade civil da entidade na tempada 2017/18.

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo qu ese aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Normativa municipal


Volver