www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

518 Solicitude de permiso de vertedura

Tramitación do procedemento para o outorgamento de autorización que permita verter augas non domésticas á rede municipal de saneamento ou sumidoiros públicos e ás súas instalacións complementarias e colectores, fixando as prescricións ás que deben someterse as verteduras de augas residuais a esa rede.

Todas as edificacións, industrias ou explotacións actuais e futuras, tanto de natureza publica como privada, con independencia do seu uso e da coexistencia de diferentes usos nas mesmas, que efectúen verteduras de augas residuais directas e indirectas de natureza industrial ás conducións de saneamento e colectores que se integren ou vertan na rede pública do Concello de Pontevedra.

As persoas físicas poderán presentalo:

a) PRESENCIALMENTE:

No Rexistro Xeral sito na Rúa Michelena 30, baixo (Tel.: 986 804 300; Fax:886 212 843).

Horario ordinario: de luns a venres de 08:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro): de luns a venres de 09:00 a 13:45 horas.

Horario de nadal (do 23 de decembro ao 06 de xaneiro): de luns a venres de 09:00 a 13:45 horas.

Tamén se pode presentar en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) ELECTRONICAMENTE:

Dende esta sede electrónica vostede pode achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa preceptiva. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón “rexistro electrónico”.

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos á colexiación obrigatoria, notario e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

1.-Modelo de solicitude anexo IV, que inclúedeclaración responsable de que non se verte ningunha substancia das catalogadas como prohibidas nin se excedan as concentracións máximas permitidas para aquelas que se especifican no capitulo 3º do Titulo II do Regulamento, asinada polo titular ou representante da persoa física ou xurídica que solicita a vertedura.

2.- Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante.

3.- Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto, se procede.

4.- Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa por análises e informes de verteduras.

5.- Documentación acreditativa da referencia catastral.

6.- Licenza de primeira ocupación/ licenza de apertura.

7.— Memoria explicativa do proceso industrial, con diagramas de fluxo, que inclúa:

a. Materias primas e auxiliares ou produtos semielaborados, caudais e usos, que se descarguen.

b. Descrición dos procesos e operacións causantes das verteduras, réximee característicasdas verteduras resultantes (característicasprevias a calquera pretratamento).

c. Descrición dos pretratamentos adoptados, alcance e efectividade prevista dos mesmos. Condutos e tramos da rede de sumidoiros onde conecta ou pretende conectar.

d. Verteduras finais ao sumidoiro, para cada conduto de evacuación, descrición do réxime de vertedura, volume e caudal, épocase horarios de vertedura.

e.Composiciónfinal da vertedura cos resultados das análises de posta en marcha realizados no seu caso.

f. Dispositivos de seguridade adoptados para prever accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas ou produtos elaborados líquidossusceptibles de ser vertidos a rede de sumidoiros.

g. Enumeración dos residuos xerados, tanto no proceso de produción como no pretratamento da vertedura, asícomo a documentaciónque acredite unha correcta xestióndos mesmos.

h. Planos de situación.Planos de rede interior de recollida e instalaciónsde pretratamento. Planos de detalle das obras de conexión, dos pozos de mostras e dos dispositivos de seguridade.

i. Todos aqueles datos precisos para a determinacióne as característicasda vertedura industrial e do sumidoiro de conexión.

  • Regulamento do uso e verteduras á rede municipal de saneamento de Pontevedra, aprobado polo Pleno do Concello de Pontevedra en data 20/04/2007 (BOP núm. 91, do 10/05/2007), e modificado en data 28/09/2017 (BOP núm. 195 do 10/10/2017).
  • Ordenanza fiscal 17 reguladora da taxa pola prestación do servizo de xestión da rede de sumidoiro, de 14de decembro de 2011 (BOP núm. 243, do 21/12/2011), modificada polo Pleno o 09/12/2013(BOP núm. 239, do 13/12/2013) ou a vixente en cada momento.
  • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.
  • Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia.
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.




Volver
Rexistro electrónico