www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

912 Solicitude de renovación/legalización de vao existente

Mediante este procedemento poderá vostede solicitar a renovación/legalización do vao existente nun determinado inmoble, que autorice o aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas ou dende os espazos e vías de uso público, previo requirimento doConcello de Pontevedra no eido do procedemento aprobado polo acordo da Xunta de Goberno Local de 12/02/2018.


Ás persoas físicas e xurídicas que cumpran con todos os requisitos esixidos para a amentada renovación/legalización da súa entrada de pasaxe permanente ou entrada de vía pública ás que así lle fora comunicado previamente por parte do Concello de Pontevedra.

As persoas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e a documentación a achegar poderán presentarse en:

RexistroXeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo.

Tel: 986804300. Fax: 886212843

Horario: De luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45 horas.

Tamén se poderá presentar en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da lei 39/2015 do 1 de outuno, do procedemento administrativo das administracións públicas.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica, pode vostede achegar o documento de solicitude de renovación (Modelo 912-Solicitude de renovación de vao existente) debidamente cuberto, xunto coa documentación que sexa preciso achegar, de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente, vostede deberá identificarse previamente na sede electrónica (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude, premendo no botón “rexistro electrónico”.

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da lei 39/2015 (entidades sen persoalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poderán comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

Modelo 912-Solicitude de renovación/legalización de vao existente.

Fotocopia do Documento Nacional de Identidade do solicitante.


Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
  • Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais.

  • Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas

  • Real decreto 1428/2003, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación.

  • Ordenanza municipal reguladora da circulación nas vías urbanas do municipio (BOP núm. 302, de data 30/12/1989), que, ademais de remitirse á normativa xeral en materia de tráfico, atribúe o carácter exclusivo da sinalización nas vías urbanas á autoridade municipal.

  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial constituído pola entrada de vehículos a través de beirarrúas regulada pola correspondente l (BOP núm. 243, de data 21/12/2011).

  • Plan xeral de ordenación urbana en vigor (BOP núm. 27 de 02/02/1990), e Modificación puntual aprobada polo Pleno da Corporación o 29/3/2003 (BOP núm. 190 do 2/10/2003).


Volver