www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

208 Inscrición e participación no concurso de Maios 2018

Procedemento da concesión de premios do concurso de maios durante este ano 2018, que se vai a celebrar o día 1 de maio a partires das 11:00 horas na Praza da Ferraría.

Poderán participar no concurso de maios as persoas físicas, asociacións, entidades e persoas xurídicas legalmente constituídas así como agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases e se inscriban para participar no concurso.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, deberá facerse constar na solicitude, un representante, así como o detalle dos seus membros, dos que se entenderá que asumen os compromisos de execución e imputan o importe do premio a partes iguais, segundo o modelo anexo. Todos os membros adquiren a consideración de beneficiario.

As persoas físicas e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

Las asociacións, entidades e persoas xurídicas legalmente constituídas e demáis suxeitos recollidos no artígo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poden presentalo electrónicamente, mediante este procedimiento.

  • Anexo 1. Solicitude que comprende:

               - Solicitude de participación no concurso asinada polo Presidente ou representante da entidade ou colectivo, no que deberá sinalarse o nome do maio participante

    DOCUMENTACION QUE SE XUNTA COA SOLICITUDE:

               - Fotocopia do NIF da persoa representante e o CIF no caso de asociacións ou persoas xurídicas legalmente constituídas

               - Modelo anexo cuberto (no caso de persoa xurídica se entregará o anexo III, no caso de persoas físicas ou agrupación de persoas físicas o xurídicas sen personalidade o anexo II).

               - 10 exemplares das coplas ou cantares

  • Anexo II. A presentar no caso de seren agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade.

  • Anexo III. A presentar no caso de asociacións, entidades ou persoas xurídicas legalmente constituídas.


O prazo de inscrición para participar iniciarase o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 27.04.2018

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528
Oficina Horario
Servizo de Cultura De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas

Pode descargar o modelo de solicitude editable e os seus anexos premendo no seguinte enlace:

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    NORMATIVA MUNICIPAL

  • Bases da convocatoria dos premios do concurso de Maios 2018


Volver
Rexistro electrónico