www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

302 Solicitude de axudas de emerxencia social municipal

Procedemento de concesión de axudas a persoas en situacións de risgo ou exclusión social consistentes en alimentos, aloxamento, tratamientos bucodentais, compra de electrodomésticos, etc, co fin de atender as súas necesidades primarias.

Persoas en situación de risco ou exclusión social para solventar situacións de emerxencia social.


As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

a) DNI, NIE ou pasaporte de todos os membros da unidade familiar que o posúan.

b) Fotocopia do libro de familia ou documentos acreditativos de acollemento ou tutela.

c) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

d) No caso de ser vítima de violencia de xénero, a acreditación da súa condición nos termos sinalados polo artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) No caso das persoas refuxiadas, a acreditación de ter recoñecida tal condición polo organismo competente da Administración xeral do estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, a autorización de permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.

f) Certificación de imputacións do IRPF do último período impositivo relativa aos membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

g) Certificación actual de haberes emitida pola empresa/s ou nóminas. No seu defecto achegarase xustificación de ingresos dos últimos 6 meses, de cada un dos compoñentes da unidade familiar maiores de 16 anos, tanto que os seus ingresos teñan carácter regular como irregular.

h) Certificacións actuais de pensións, prestacións ou subsidios expedidos polos organismos correspondentes: SEPE, Seguridade Social, Xunta de Galicia, de cada un dos compoñentes da unidade familiar.

i) Informes de vida laboral dos compoñentes da unidade familiar maiores de 16 anos.

j) Certificados bancarios relativos ao saldos das contas e posicións bancarias.

k) Nos casos nos que non se poida acreditar documentalmente os ingresos da unidade familiar, recadarase a declaración responsable sobre eles (declaración xurada).

l) Certificado de discapacidade se fose o caso.

m) No seu caso, xustificante do custo da situación de necesidade determinante da solicitude.

n) Nas axudas que impliquen adecuación da vivenda, documento que acredite a propiedade ou alugueiro, e neste suposto a autorización do propietario.

o) Certificado de titularidade de conta bancaria ou documento de pago delegado (Anexo II).

ANEXO II:DELEGACION DE PAGO (BOPPO núm. 40, do 26 de febreiro do 2018)


Volver