www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

185 Solicitude de participación no proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva de técnico auxiliar de xestión de residuos (BOP núm. 71 de 12/04/2018)

Proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de técnico/a auxiliar de xestión de residuos da escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais, integradas no grupo C, subgrupo C1, da escala de Administración especial, cometidos especiais.

Todos aqueles que soliciten participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

  • Modelo de solicitude debidamente cuberto
  • Fotocopia do DNI
  • Currículum vitae
  • Copia simple da documentación acreditativa dos méritos alegados

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria xunto coas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Solicítase aos aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva a través da Sede electrónica do Concello que ao xuntar a documentación requirida en cada caso polas bases reguladoras do procedemento selectivo identifiquen os diferentes documentos que xuntan nomeando os correspondentes pdf que achegan (DNI, diferentes documentos integrantes do currículum vitae, etc) para a súa identificación por parte do Servizo receptor da devandita documentación.

Volver