www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

189 Solicitude de participación para a provisión dunha (1) praza de sarxento no servizo de extinción de incendios

Proceso selectivo para a provisión dunha (1) praza de Sarxento do Servizo de Extinción de Incendios

Todas aquelas persoas que soliciten participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

Para poder participar no proceso selectivo deberase presentar a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación (modelo 189)
  • Copia do DNI
  • Xustificación de pagamento dos dereitos de exame (para obter o documento de autoliquidación que se deberá facer efectivo nas entidades bancarias que neste se indican, deberá acceder a oficina tributaria desta sede electronica e no apartado "Autoliquide os seus tributos" atopara a opción "Autoliquidación de dereitos de exame" ou ben premer aquí. No xustificante de aboamento das taxas que se deberá achegar coa solicitude de participación no correspondente proceso selectivo deberase facer constar o nome e apelidos do aspirante así como a praza a que opta)
  • Xustificación dos méritos alegados
  • Acreditación do nivel de Celga correspondente (ou equivalente), no seu caso

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Os aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva a través da Sede electrónica do Concello, ao xuntar a documentación requirida en cada caso polas bases reguladoras, deberán nomear os arquivos que xuntan identificando con claridade o seu contido (DNI, currículum vitae, etc).

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Servizo de persoal De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico