www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

1204 Presentación do plan de seguridade e saúde

Achega de avaliación de riscos laborais para o cumprimento da normativa reguladora da prevención de riscos laborais.

Persoas físicas ou xurídicas adxudicatarias de contratos.

As persoas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesaria achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, DNI ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantiles) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

Se a presentación é electrónica só se precisa a achega da documentación do plan xa que os datos personais serán os consignados na propia solicitude electrónica (que constarán no xustificante de rexistro), se a presentación é presencial (nos casos en que proceda) achegarase tamén un escrito onde se fagan constar os datos personais do solicitante

  • Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborai
  • RD 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción
  • RD 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención.

Volver
Rexistro electrónico