www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

900 Solicitude de entrada de vehículos e reserva de vía pública

Mediante este procedemento, poderá solicitar a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos ou carruaxes a través de beirarrúas e terreos de uso público, reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo ou para carga e descarga de mercadorías de culaquier clase.
  • As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Fotocopia do DNI e/ou da escritura de constitución da sociedade
  • Plano de situación
  • Esbozo descritivo, con indicación da entrada de acceso e dos metros da reserva
  • Licenza de apertura, primeira ocupación ou cédula de habitabilidade

No suposto de que o inmoble careza da documentación que se cita no parágrafo precedente, será necesario presentar copia da carta

de pagamento do imposto municipal de bens inmobles ou certificación catastral acreditativa da antigüedade da edificación e título de

propiedade.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitud editable premendo no seguinte enlace:

  • Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL).
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial constituído pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadoría de calquera clase.

Volver
Rexistro electrónico