www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

904 Identificación de conductor

Cando se detecta unha infracción de tráfico e non é posible identificar e denunciar nese momento á persoa que facía uso do vehículo, a normativa sobre tráfico obriga ao responsable do vehículo (titular/arrendatario,etc.) á identificación do condutor que utilizaba o vehículo nese momento.

Non levar a cabo a identificación ou realizalo de forma incorrecta pode supoñer que o responsable do vehículo sexa considerado autor dunha infracción moi grave, o que pode carrexarlle a imposición de unha multa de contía moi importante.

Ao interesado, titular ou conductor dun vehículo, que reciba unha notificación relacionada cunha denuncia por infracción das normas de tráfico.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

Solicitude cos datos persoais do solicitante, os datos do condutor e os identificativos da denuncia (nº de boletín ou expediente, feito denunciado, lugar, data e matrícula do vehículo) e copia da autorización administrativa que lle habilite a conducir en España no caso de condutores estranxeiros que non consten inscritos no Rexistro de Condutores e Infractores da DXT.

Non levar a cabo a identificación ou realizalo de forma incorrecta pode supoñer que o responsable do vehículo sexa considerado autor dunha infracción moi grave, o que pode carrexarlle a imposición dunha multa de contía moi importante.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
  • Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridad Viaria
  • Real Decreto 320/1994, do 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de procedemento sancionador en materia de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.

Volver
Rexistro electrónico