www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

903 Alegacións a multas de tráfico do Concello de Pontevedra

Se non está conforme coa notificación relacionada cunha denuncia por infrinxir as normas de tráfico, poderá formular alegacións dentro dos 20 días naturais seguintes ao momento en que se considera notificada a denuncia. É importante saber que formular alegacións impide acollerse á redución do 50 por cento.

Ao interesado, titular ou conductor dun vehículo, que reciba unha notificación relacionada cunha denuncia por infracción das normas de tráfico.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

Escrito de Alegacións (Prego de descargo) cumprimentado cos datos persoais do recorrente, os identificativos da denuncia (nº de boletín ou expediente, feito denunciado, lugar, data, tipo de vehiculo, matrícula, etc.) e as alegacións que se consideren oportunas que poderán ser acompañadas de calquera proba documental.

É importante saber que formular alegacións impide acollerse á redución do 50 por cento.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridad Viaria
  • Real Decreto 320/1994, do 25 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de procedemento sancionador en materia de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.

Volver
Rexistro electrónico