www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

410 Solicitude de subvención. Edificio

Subvención co fin de obter as axudas que, en materia de rehabilitación de edificios establece o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2013-2016.

Ás comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios ou propietarios únicos de edificios de vivendas (con división horizontal), cando as viviendas constitúan o se domicilio habitual e permanente ou o seu destino sexa o alugamento.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

Cumprimentar, segundo as instrucións, e presentar o impreso 410 ANEXO III Edificio, xunto coa seguinte documentación:

  • No caso de edificios con comunidade de propietarios constituída:

    • Copia do CIF da comunidade de propietarios

    • Copia do documento acreditativo da representación con que se actúa na comunidade de propietarios.

    • Copia do acordo da comunidade de propietarios que autorice a execución das obras e a solicitude de subvención ou certificado do secretario.

  • No caso de edificios sen comunidade de propietarios constituída:

    • De existir máis de unha persoa propietaria, autorización destas a outra persoa propietaria para a xestión, tramitación e cobro da subvención (modelo 413 ANEXO VI).

    • Conformidade de todas as persoas propietarias coa realización das obras e a solicitude de subvención.

  • Para todos os edificios:

    • Documento acreditativo da titularidade do inmoble (división horizontal).

    • Relación de vivendas e locais do edificio de acordo a táboa que figura no modelo 410 ANEXO III “ Relación de vivendas e locais do edificio”, no que farán constar si participan ou non nas obras, e de participar, reflectir a cota de participación.

    • O/a interesado/a deberá encher a táboa do modelo 410 ANEXO III “Relación de persoas propietarias dunha vivenda”, cos propietarios que cumpren o requisito de destino da vivenda, indicando vivenda habitual ou alugamento. Cada propietario que cumpra dito requisito deberá asinar, de ser o caso, o consentimento para que o Concello de Pontevedra tramite as solicitudes que se sinalan no anexo, achegando a seguinte documentación de cada vivenda que participe na subvención:


      1 Copia do NIF ou NIE de todas as persoas propietarias de cada vivenda do edificio que cumpre os requisitos para participar na subvención (vivenda habitual ou alugamento)

      2 Documento acreditativo da titularidade de cada vivenda do edificio que cumpre os requisitos para participar na subvención (vivenda habitual ou alugamento).


  • Informe de avaliación do edificio (IAEd) segundo o establecido na disposición transitoria segunda, 1c) do Real decreto lexislativo 7/2015 e na Ordenanza municipal reguladora do informe de avaliación dos edificios (IAEd). No caso de executar actuacións destinadas á mellora da eficiencia enerxética, estas melloras deberán reflectirse no certificado de eficiencia enerxética.

  • Proxecto subscrito por técnico competente ou memoria técnica, de ser o caso.

  • Reportaxe fotográfica antes do inicio da obra, tanto do interior como do exterior do inmoble.

  • Orzamento detallado das obras agrupado por capítulos con medicións e prezo. Para o caso de que o importe das obras previstas supere os 50.000€ deberán achegarse tres orzamentos de diferentes provedores.

  • Licenzas, comunicación previa e/ou autorizacións para a execución das obras ou solicitude das mesmas.

  • Certificado de inicio das obras, só no caso de obras iniciadas con anterioridade á solicitude da subvención (modelo 411 ANEXO IV).



Oficina Enderezo Teléfonos Horario
OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 EXT 7590 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 EXT 7590
Oficina Horario
OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN ARI De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:



-Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

-Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

-Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado por RD 887/2006, do 21 de xullo

Normativa municipal:


Volver