www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

203 Xustificación da subvención municipal a asociacións de nais e pais de alumnos de centros educativos sostidos con fondos públicos ano 2017

Procedemento de xustificación de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades no eido da educación e todas as súas facetas que promovan as asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que poidan ser consideradas de interese educativo (promoción do deporte, ocupación do tempo libre e promoción da cultura), dirixidas á comunidade educativa en xeral.

Asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.

Electronicamente

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”.

Para poder percibir as subvencións concedidas de acordo coas prescricións destas bases, os beneficiarios presentarán a documentación xustificativa a través da sede electrónica municipal: http://sede.pontevedra.gal/, aplicando o procedemento 130 “solicitude xeral”dentro do prazo de quince (15) días, contados a partir do remate do prazo do período subvencionable (31/08/2017)

En calquera dos casos as actividades subvencionábeis deberan estar realizadas no período do curso escolar 2016/2017

A xustificación revestirá a forma de conta xustificativa simplificada (artigo 75 do Real Decreto 887/2006) e contará coaseguinte información:

a) Unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha relación clasificada de gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, no seu caso, data de pago. No caso de que a subvención se outorgue con arranxo a un orzamento estimado, indicaranse as desviacións acaecidas.

c) Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

d) Se é o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados así como os xuros derivados destes.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Educación e dinamización de servizos Rúa don Filiberto (cuarto andar do Teatro Principal) 986860697 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Educación e dinamización de servizos Rúa don Filiberto (cuarto andar do Teatro Principal) 986860697
Oficina Horario
Educación e dinamización de servizos De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.



    Normativa municipal:


Volver