www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

904 Solicitude de fogueiras de San Xoán

Mediante este procedemento poderase solicitar a celebración dunha fogueira na noite de San Xoán de conformidade co establecido no Bando do Alcalde.

Persoas ou entidades que desexen celebrar unha fogueira na noite de San Xoán.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

Solicitude de celebración da fogueira (modelo 904), antes do próximo día 16/06/2017 facendo constar os seguintes datos das persoas que organizarán o acto e se farán responsables do mesmo (para o caso de persoas xurídicas entenderase este extremo refererido ao seu representante legal e só poderán achegar a sua solicitude electrónicamente):

- Nome e apelidos, D.N.I.

- Enderezo e teléfono do Servicio Municipal de Extinción de Incendios 080, Policía Local 092 e Protección Civil 986 871 188.

- Compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número.

- Coa documentación achegarase copia do D.N.I. dos responsables

- Plano de ubicación da fogueira

É importante indicar o enderzo onde se ubicará a fogueira

As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ós edificios e árbores.

O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Os asistentes non poderán concentrarse a unha distancia inferior á do ancho da fogueira respecto do perímetro exterior da mesma.

Os materiais a empregar na combustión serán leña, polas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase.

Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con P.V.C. en xeral, e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calesquera substancias explosivas. Lémbrase que un bote de aerosol, aínda vacío, pode orixinar unha explosión importante.

Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.

Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.

A organización terá que acatar as normas ou instruccións que poidan ditar os Axentes dos Corpos da Policía Local ou do Corpo de Bombeiros.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver