www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

905 Solicitude de instalación de veladores (mesas e cadeiras)

Solicitude de instalación de veladores ( mesas e cadeiras ) na vía pública ou en zonas privadas ao aire libre
Aquelas persoas físicas ou xurídicas que dispoñan dun título administrativo habilitante para exercer unha actividade de hostelaría.

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Fotocopia do dni do solicitante e escritura de constitución da sociedade, de ser o caso.

  • Título administrativo habilitante para o exercizo da actividade no local.

  • Plano de situación do local.

  • Fotografías da totalidade da fronte da fachada do local.

  • Esbozo detallado ( acotado ) da superficie que se pretende ocupar.

  • Esbozo do deseño dos veladores e demáis elementos que se queren instalar, de xeito que se aprece que non interfiren o acceso a portais de inmobles, ou impidan a visión de escaparates. A maires recollerá a perspectiva que van a ofrecer dende o fronte oposto da vía pública ou parque. Neste esbozo figurará a descrición e número de veladores a instalar.

Nota.- Para a instalación de veladores no Centro Histórico atenderase ao disposto no Plan especial de protección reforma interior e conservación do conxunto histórico-artístico (PEPRICA), que no seu art. 50.13 establece que “as mesas e cadeiras harmonizarán co ambiente do conxunto sendo obrigatoria a utilización de veladores de mármore con pé ou pés de ferro fundido e cadeiras deste material, autorizándose tamén mesas e cadeiras de madeira ou outros materiais acordes. Queda prohibida a utilización de veladores de plástico e as pérgolas e antucas en cores vivas; así como a colocación de propaganda publicitaria nos veladores”

A instalación de veladores na vía pública, esixirá a previa concesión/autorización por parte da Administración outorgante, así como o aboamento da taxa establecida na ordenanza fiscal.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de informe editable premendo no seguinte enlace:

  • Artigo 41 b) da Lei 9/2013, de 19 de decembro do emprendemento e a competitividade económica de Galicia

  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

    Normativa municipal:


Volver
Rexistro electrónico