www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

201 Xustificación de subvención para desenvolvemento de actividades no ámbito da cultura 2017

Procedemento de xustificación de subvencións en réxime de libre concorrencia co obxecto de fomentar o desenrolo de proxectos ou actividades culturais que leven a cabo entidades e/ou asociaciónsnotérmo municipal de Pontevedra, atendendo a criterios de publicidade, concorrencia y obxectividadena súa concesión.

Asociacións e entidades privadas, válidamente constituídas sen ánimo de lucro, que estén debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento

Electronicamente

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”.

Xustificación subvención. Conta xustificativa (anexos I a IV)

  • Conta xustificativa. Anexo I . Solicitude de pagamento de subvención que comprende:

    - Memoria detallada das actividades realizadas (asinada)

    - Relación de facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

    - Exemplar de toda a documentación impresa xerada pola actividade, que acredite a participación do Concello.

    - Certificados de estar ao corrente coas facendas estatal e autonómica así como coa Seguridade Social.

    - Número de conta bancaria para efectua-la transferencia do importe da subvención ou certificación bancaria do número de conta ao seu nome.

  • Conta xustificativa. Anexo II. Declaracións responsables que comprenderá:

    - Declaración responsable das subvencións e/ou axudas obtidas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, e compromiso de comunicar ao Concello a concesión de calquera outra axuda ou subvención para a mesma finalidade.

    - Declaración responsable de que as facturas que se presentan como xustificantes foron aplicadas á actividade subvencionada.

  • Conta xustificativa. Anexo III. Relación de gastos e relación de facturas que comprenderá:

    - Relación desagregada de cada un dos gastos realizados con motivo da actividade subvencionada

    - Relación de facturas e demais documentos con valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa

  • Conta xustificativa. Anexo IV. Relación de ingresos que comprenderá:

    - Relación desagregada de todos os ingresos ou subvencións que financian a actividade (fondos propios, subvención concedida e outras subvencións) acreditando o seu importe, procedencia e aplicación á actividade subvencionada.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528
Oficina Horario
Servizo de Cultura De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Ordenanza Xeral Municipal reguladora das subvencións do Concello de Pontevedra e os seus organismos autónomos (BOP núm. 190 do 30.09.2004).

  • Bases da convocatoria da subvención para actividades culturais entre o 01/09/2016 e o 31/08/2017


Volver
Rexistro electrónico