www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

200 Solicitude de subvención para desenvolvemento de actividades no ámbito da cultura 2017

Procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia co obxecto de fomentar o desenrolo de proxectos ou actividades culturais que even a cabo entidades e/ou asociacións no térmo municipal de Pontevedra, atendendo a criterios de publicidade, concorrencia y obxectividade na súa concesión.

Asociacións e entidades privadas, válidamente constituídas sen ánimo de lucro, que estén debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento


Electronicamente

Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”.


Solicitud de subvención (modelo 200)

Fomularios debidamente cubertos (anexos I a V).


Anexo 1. Solicitude que comprende:
- Solicitude de subvención debidamente asinada polo Presidente ou representante da entidade
- Fotocopia do código de identificación fiscal
- Certificación do número de conta bancaria
- Estatutos que rexen a entidade e/ou a certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
- Memoria ou proxecto explicativo da actividade
Anexo II. Declaracións responsables que comprende:
- Declaración de non atoparse inhabilitado/a ou estar incurso/a en prohibición para acceder á condición de beneficiario/a de subvencións do Concello de Pontevedra, de conformidade co estabelecido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
- Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras para o financiamento da mesma actuación ou proxecto para o que se solicita subvención
- Declaración responsábel de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Facenda Estatal, autonómica e fronte á Seguridade Social.
- Declaración de non ter pendente de xustificación, fora de prazo, ningunha subvención co Concello de Pontevedra
- Declaración da imposibilidade da realización da actividade de non ser beneficiario da subvención do Concello de Pontevedra
- Declaración comprensiva do número de beneficiarios da actividade para a que se solicita subvención
Se a devandita documentación xa estivese en poder do Concello, haberá de facelo constar con indicación da data e dependencia ou órgano ante o que se presentaron, sempre que non transcorreran máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan.
O Servizo de Cultura xestionará de oficio o certificado municipal de estar ao corrente das obrigas fiscais co Concello de Pontevedra así como o certificado de estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións e incorporará os xustificantes ao expediente de solicitude.

Anexo III. Detalle do proxecto
Neste anexo se facilitan os datos máis relevantes do proxecto para o que se solicita a subvención( nome da actividade, lugar de celebración, número de edicións do proxecto, poboación á que se dirixe, difusión do mesmo...etc).
Anexo IV. Relación de gastos
Deberá achegarse o anexo debidamente cumprimentado ou no seu caso un orzamento no que se detalle os gastos aprobados para a realización da/s actividade/s para as que se solicita subvención.
Anexo V. Relación de ingresos
Deberá achegarse o anexo debidamente cumprimentado no que se detallen os ingresos (especificando a percepción de ingresos públicos, aportacións privadas, fondos propios adicados á actividades subvencionada......etc).
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528
Oficina Horario
Servizo de Cultura De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas

Volver