www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

164 Solicitude de participación en proceso selectivo para a provision de tres prazas de oficial de policía (quenda promoción interna) BOE núm. 235 de 28/09/2018

Proceso selectivo para a provisión de tres prazas de oficial, integradas no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, do Corpo da Policía Local do Excmo. Concello de Pontevedra, por promoción interna

Todos aqueles que soliciten participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

Modelo de solicitude debidamente cuberto que inclúe a seguinte declaración xurada

  • Declaración xurada de portar armas

Copia do DNI

Copia da titulación académica esixida

Copia simple da documentación acreditativa dos méritos alegados

Xustificante de pagamento dos dereito de exame

Para obter o documento de autoliquidación que se deberá facer efectivo nas entidades bancarias que neste se indican, deberá acceder a oficina tributaria desta sede electronica e no apartado "Autoliquide os seus tributos" atopara a opción "Autoliquidación de dereitos de exame" ou ben premer aquí

No xustificante de aboamento das taxas que se deberá achegar coa solicitude de participación no correspondente proceso selectivo deberase facer constar o nome e apelidos do aspirante así como a praza a que opta.

NOTA IMPORTANTE: Os aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva a través da Sede electrónica do Concello, ao xuntar a documentación requirida en cada caso polas bases reguladoras dos diferentes procesos selectivos, deberán identificar os diferentes documentos que xuntan nomeando os correspondentes pdf que achegan (DNI, xustificante aboamento taxa, diferentes documentos integrantes do currículum vitae, etc) para a súa identificación por parte do Servizo receptor da devandita documentación.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Servizo de persoal De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode consultar a bases reguladoras do proceso e demais información no seguinte enlace:


Volver