www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

407 Solicitude de visita técnica previa á solicitude de subvención en área de rehabilitación integral

As persoas que pretendan solicitar axudas económicas para obras de rehabilitación de edificios e viviendas no ámbito das ARIs declaradas no Concello (ARI do núcleo de Estribela / ARI do Conxunto Histórico), deberán solicitar, mediante impreso normalizado, unha visita de inspección técnica previa á solicitude de subvención. A visita técnica será efectuada polo persoal técnico da oficina municipal de rehabilitación da área para comprobar o estado da edificación e asesorar ao/á peticionario sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do inmoble.

Ás persoas usuarias legais, como propierarios/as, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso, cando as vivendas constitúen o seu domicilio habitual e permanente.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

- Modelo de solicitude

- Copia do NIF ou NIE (para o caso de solicitude presencial)

- Acreditación da representación, de ser o caso (para o caso de solicitude presencial, electronicamente solo cabe la presentación en nombre propio)

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 EXT 7590 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 EXT 7590
Oficina Horario
OFICINA TÉCNICA DE REHABILITACIÓN ARI De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

-Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións

-Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

-Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado por RD 887/2006, do 21 de xullo

Normativa municipal:


Volver