www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

401 Informe de avaliación de edificios

Para a finalidade de velar polo bo estado de conservación e uso das edificacións que, ao longo do tempo sofren inevitablemente certos deterioros establécese a obriga xeral de que as edificacións sexan revisadas por técnicos competentes contratados polos propietarios destas, para a finalidade de emitir un informe (IAEd) sobre o bo estado de conservación e uso da edificación, a súa seguridade e as condicións de accesibilidade, xunto coa eficiencia enerxética nas edificacións residenciais colectivas.


A presentación do informe é obrigada en función da antigüidade da construción, e segundo o disposto na propia ordenanza reguladora, concretamente na Disposición adicional primeira, establécense os seguintes prazos:

Edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, con antigüidade anterior ao 31 decembro 1943: Ata o 31/12/2015

Edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva anteriores ao 31 decembro 1953: Ata o 31/12/2016

Edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva anteriores ao 28 de xuño do 1963: Ata o 30/12/2017

Edificios/construcións declarados BIC, catalogados ou inventariados:

  • Edificacións e construcións anteriores a 1900: Ata o 31/12/2015
  • Edificacións e construcións anteriores a 1925: Ata o 31/12/2016
  • Edificacións e construcións anteriores a 1950: Ata o 30/12/2017
  • Resto de edificacións catalogadas, incluídas as rehabilitadas integralmente ou obxecto de obras de reestruturación total, con posterioridade ao 1990: Ata o 28/06/2018

Edificacións e construcións non catalogadas e con uso e tipoloxía diferente a residencial de vivenda colectiva, construídas antes do 28 de xuño do 1963: Ata o 31/12/2018

As edificacións e construcións que non aparecen na listaxe anterior deberán presentar o informe de avaliación unha vez que conten cunha antigüidade de 50 anos a partires do 28/06/2013.

O prazo de validez do Informe de avaliación será de 10 (dez) anos.

Non entanto, o informe de avaliación poderá igualmente presentarse con anterioridade ás datas nas que resulta esixible.

    • Todas aquelas persoas físicas e/ou xurídicas que resulten propietarias dos inmobles. Igualmente, as comunidades de propietarios e as cooperativas con respecto á totalidade da edificación.
    • De igual xeito poderán presentar dito informe de avaliación os inquilinos, aínda sen estar obrigados a elo

    Pódese presentar en:

    Rexistro Xeral

    Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

    Tel: 986 804 300

    Fax: 886 212 843

    Horario:

    De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

    Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

    Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

    De igual xeito deberase presentar o informe na sede do colexio profesional correspondente.

    O informe emitido deberá contar con visado colexial obrigatorio?

    Non. Resulta obrigada a custodia do colexio correspondente, sendo o seu visado voluntario

    Existen liñas de axuda ou subvencións?

    Si. Existen axudas tendentes a sufragar parte do custo do informe de avaliación. Na Oficina Técnica de Rehabilitación, que se atopa no terceiro andar do Teatro Principal (entrada pola rúa Don Filiberto), poderán obter maior información

    Que técnicos resultan competentes para a emisión e sinatura do informe?

    Calquera técnico ou facultativo competente que figure de alta no seu colexio profesional respectivo, así coma as entidades de inspección, sempre que estas últimas estean homologadas ou rexistradas no órgano correspondente da Comunidade Autónoma, segundo establece o artigo 6 da ordenanza.

    Neste senso, resultarán competentes os técnicos consonte ao disposto na Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación da edificación e normativa de desenvolvemento da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.

    Cales serían as consecuencias xurídicas da non presentación do informe no prazo establecido ao efecto, ou a non realización das obras precisas ante un informe desfavorable?

    A administración abrirá un expediente consistente nunha orde de execución e imporá multas coercitivas reiteradas por meses, ata acadar a completa execución das obras ou a presentación do informe de avaliación. Todo elo sen prexuízo da execución subsidiaria pola Administración a costa do interesado/propietario e a iniciación dun expediente sancionador.

    Que se debe xustificar no informe de avaliación?

    O informe deberá conter datos de carácter tanto urbanístico/arquitectónico, canto sobre a propiedade, que permitan identificar o inmoble, así coma acreditar o bo estado de conservación de diversos elementos da edificación, cubertas e terrazas, fachadas e medianeiras, cimentación, instalacións (antena TV, ascensor, electricidade, gas, fontanería, etc.), certificado de eficiencia enerxética, no seu caso, así como o cumprimento da normativa de accesibilidade, etc., segundo se establece nos artigos 8 e 9 da propia Ordenanza. Non entanto, no texto da Ordenanza publicada inclúense os anexos que pormenorizan as cuestións a xustificar.

    Que acontece se o informe do técnico sobre o estado da edificación é desfavorable?

    Nestes supostos, a propiedade virá obrigada a realizar, previa licenza municipal de obras ou comunicación previa, segundo os casos, as obras necesarias para emendar os defectos que se aprecien en dito informe, segundo o establecido no artigo 17 da ordenanza.

    Que facer se a edificación aparece na listaxe publicada pero foi obxecto dunha rehabilitación integral con posterioridade ao ano 1943?

    Se a súa edificación foi rehabilitada integramente con posterioridade ao ano 1943, deberá comunicarnos dito feito xuntando unha copia da licenza municipal outorgada no seu día ou ben indicando o número de expediente baixo o cal se obtivo tal licenza (ou documentación acreditativa da antigüidade segundo o artigo 12 da Ordenanza, como sería o certificado final de obra, data de outorgamento da primeira ocupación da edificación ou cédula de habitabilidade no seu caso, acta de recepción da obra ou certificación catastral descritiva e gráfica. En calquera caso presumirase como data de remate das obras a dos 3 (tres) anos posteriores á concesión da licenza), debendo presentar o informe cando pola antigüidade da vivenda puidera corresponder, de acordo á Disposición Adicional Primeira da ordenanza.

    O certificado de eficiencia enerxética debe expedirse de toda a edificación?

    Cando concorran usos diferentes, como podería ser unha actividade no baixo e uso residencial nas plantas altas, o certificado de eficiencia enerxética deberá estenderse sobre toda a edificación, incluíndo os usos comerciais e de oficinas, como establece o artigo 11 da ordenanza.
    Non se esixirá a certificación enerxética daquelas construcións declaradas B.I.C.

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
    Oficina Enderezo Teléfonos
    SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
    Oficina Horario
    SERVIZO DE DISCIPLINA URBANÍSTICA, MEDIO AMBIENTAL E POLICÍA ADMINISTRATIVA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

    Pode descargar o modelo de informe editable premendo no seguinte enlace:


    Volver