www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

156 Renuncia á oferta de nomeamentos de persoal funcionario interino ou contratación laboral temporal

Procedemento no que os interesados achegan a súa renuncia ao nomeamento interino ou á contratación laboral ofertada polo Servizo de Persoal con cargo ás listas de reserva vixentes.

A renuncia terá as consecuencias previstas nas bases reguladoras do proceso selectivo ao abeiro do cal se configurou a lista de reserva na que se fundamenta o chamamento do Servizo de Persoal e na resolución municipal pola que se aprobou a correspondente lista de reserva.

Todos aqueles aspirantes que, tras superar o correspondente proceso selectivo, formen parte das listas de reserva da categoría profesional de que se trate e que teñan vixencia no momento de efectuar a oferta de nomeamento interino ou a contratación laboral temporal.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

-Escrito de renuncia da oferta de nomeamento interino ou de contratación laboral temporal.

Para aqueles casos nos que as bases reguladoras establezan a eximente de exclusión da lista de reserva por renuncia, xunto coa renuncia deberase achegar copia da documentación xustificativa da devandita circunstancia

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

- Resolución pola que se crea a lista de reserva na que se fundamenta o nomeamento ou a contratación, na que se determinan as regras básicas de funcionamento da correspondente lista de reserva (práctica das ofertas de nomeamento ou contratación, prazos e consecuencias da aceptación e renuncia de ofertas, así como a vixencia temporal da propia lista de reserva).

-Bases reguladoras do proceso selectivo en virtude do que se aprobou a lista de reserva de que se trate.

Listas de substitución vixentes:


Volver
Rexistro electrónico