www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

856 Solicitude de expedición de documentos administrativos

Por esta vía poderá vostede tramitar dous tipos de solicitudes:

a) Pode solicitar ante o Órgano de tesouraría e xestión tributaria:

- Certificados de estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa facenda municipal

- Certificados de constar ou non en padróns tributarios (incluidos os relativos á asistencia xurídica gratuíta)

b) Pode solicitar ante outros servizos do Concello de Pontevedra, a tramitación de expedientes tales como, por exemplo:

- Certificacións de libros de actas de sesións ou outros acordos municipais

- Informes da policía local

- Informes de bombeiros

- Informes de persoal técnico municipal

- Compulsa de documentos

- Dilixencia de bastanteo de poderes

- Copias de documentación administrativa ou fotocopias A4 desta

A relación detallada pode consultala na ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.

Lembre que:

A tramitación desta solicitude require do pago dunha taxa con carácter previo á tramitación da solicitude e que poderá facer efectiva de xeito presencial.



Aos interesados que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.



PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica vostede pode adxuntar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

- Modelo de solicitude debidamente cumprimentado.

- Copia do NIF do interesado e, no caso de actuar mediante representante, a copia do NIF deste e máis o documento que acredite a representación

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico