www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Solicitude de suspensión do procedemento recadatorio

Por esta vía pode obterse un acordo do OTXT de suspensión do procedemento recadatorio, sempre que exista un recurso sen resolver no que se discuta a débeda a suspender.

1. Para que o OTXT suspenda o procedemento recadatorio en vía de recurso de reposición, deberá:

- Apreciarse erro aritmético, material ou de feito no acto a revisar.

- Tratarse dunha sanción.

- Noutro caso, deberá inexcusablemente achegarse garantía suficiente en forma de diñeiro efectivo ou valores públicos; aval ou fianza solidaria prestados por entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución; ou fianza persoal e solidaria doutros contribuíntes de recoñecida solvencia.

Lembre que:

a) O importe garantido deberá abranguer o importe da débeda a suspender, recargas devengadas na data da solicitude e os xuros que se devenguen durante a tramitación do procedemento revisor.

b) En vía de recurso de reposición non é posible aceptar ningún tipo de garantía fora das descritas no punto anterior.

c) De ser precisa a achega de garantía, se non o fai acompañando ao escrito de solicitude de suspensión, a solicitude considerarase non realizada a todos os efectos (non cabe emenda).

2. Para que o OTXT suspenda o procedemento recadatorio en vía de reclamación económico-administrativa, deberá:

- Achegar calquera das garantías previstas para o suposto de suspensión en vía de recurso de reposición.

- De non poderse achegar as garantías anteriores, poderá ofrecerse calquera outra. A súa aceptación estará supeditada á valoración de suficiencia e adecuación que o OTXT faga da mesma.

Aquelas persoas que estando a debater calquera aspecto relativo a unha débeda mantida co Concello de Pontevedra, desexen suspender o procedemento recadatorio, evitando pagar antes de obter unha resposta ás súas pretensións.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro


- Solicitude de suspensión independente, simultánea ou posterior, á de interposición do correspondente recurso.

- De precisarse algunha das garantías expresadas no apartado de “recurso de reposición”, deberá achegarse esta.

- De querer ofrecer unha garantía distinta (sempre en vía económico-administrativa), e concretamente de ofrecer garantía hipotecaria, a documentación a achegar será:

a) Xustificación documentada da imposibilidade de obter aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca expedida, dentro do mes anterior á data de presentación da solicitude, ao menos de tres entidades, sempre que unha delas sexa aquela coa que o contribuínte opera habitualmente.

b) Xustificación documentada da imposibilidade de obter certificado de seguro de caución de ao menos tres entidades.

c) Balance de situación da entidade á data da presentación da solicitude.

d) Copia certificada do libro maior de tesouraría na data da solicitude e máis do vencemento da débeda se esta for anterior, cando o solicitante estea obrigado a levar contabilidade.

e) Declaración do solicitante de no ser titular de valores públicos.

f) Valoración actualizada dos bens e dereitos sobre os que, de ser o caso, se constituirá a garantía ofrecida realizada por unha empresa ou profesional debidamente inscrito no Rexistro de taxadores oficiais ou, se non o houber, por perito independente con titulación suficiente.

g) Que posúa a titularidade do 100 % da propiedade en pleno dominio da finca que vaia entregar en garantía . Non se admitirán coeficientes de cotas de participación inferiores ao 100 %. O inmoble que se presente en garantía deberá figurar libre de cargas e gravames que obstaculicen a execución.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335
Oficina Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Volver