www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

891 Presentación de alegacións en procedementos abertos

Por esta vía, pode vostede efectuar as alegacións que estime procedentes para a mellor defensa dos seus dereitos, sempre que o Concello lle notificase unha proposta de resolución que lle afecte.

Para isto, indicaráselle nese mesmo documento que dispón dun prazo, habitualmente de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da notificación da proposta, se ben calquera alegación feita antes de que se dite a resolución do procedemento será tida en conta.

Terá dereito a este trámite de alegacións sempre que se trate de procedementos iniciados de oficio e nalgún caso, nos iniciados a instancia súa. A modo de exemplo, poderá alegar con carácter previo a que se dite unha resolución nos procedementos de:

- Comprobación limitada de cumprimento das súas obrigas tributarias.

- Inspección tributaria.

- Revogación de actos tributarios.

- Denegación dun beneficio fiscal solicitado por vostede.

- Imposición de sancións de natureza tributaria.

Ao interesado que, recibida unha proposta de resolución de carácter tributario, desexe alegar ante o Órgano de tesouraría e xestión tributaria nos procedementos en que corresponda e para a mellor defensa dos seus intereses.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

- Copia do NIF do interesado e, no seu caso, do representante, xunto co documento que acredite a representación no caso de representación legal.

- Calquera documento que estime oportuno para xustificar as alegacións que formule.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
INSPECCIÓN TRIBUTARIA Michelena, 30 2º 986804300 EXT 7372 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
TESOURARÍA E RECADACIÓN Michelena, 30, 2º 986804300 EXT 7335
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
INSPECCIÓN TRIBUTARIA Michelena, 30 2º 986804300 EXT 7372
Oficina Horario
TESOURARÍA E RECADACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
INSPECCIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico