www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

835 Comunicación tributaria do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana

Por esta vía, as persoas que prevé o artigo 110.6 do Texto refundido da lei de facendas locais poderán cumprir coa súa obriga de comunicar ao Concello a realización do feito impoñible do imposto.

Esta comunicación deberá realizarse no prazo de:

- 30 días hábiles para os supostos de transmisións inter vivos

- 6 meses para os supostos de transmisións mortis causa

O cumprimento deste requisito é o que precisa acreditarse para os efectos da inscripción da transmisión no Rexistro da Propiedade, con independencia de que o suxeito pasivo do imposto cumpra ou non coas súas obrigas de declaración ou autoliquidación.

Os obrigados a realizar esta comunicación serán:

- No suposto de transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título lucrativo, o donante ou persoa que constitúa o dereito real de que se trate.

- No suposto de transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativo do dominio a título oneroso, o adquirinte ou persoa a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

- Copia da escritura pública ou documento completo que orixine a transmisión.

- Copia do NIF do interesado, e se actúa por medio de representante, copia do NIF deste e máis documentación que acredite a dita representación.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico