www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

833-834 Declaración tributaria de ocupación de dominio público

Este procedemento responde á obriga de presentar ante o concello a correspondente declaración que conteña baixas definitivas, cambios de titularidade ou diminucións nos elementos tributarios vinculados a ocupacións de demanio público, e que sexan imprescindibles para practicar a liquidación procedente como consecuencia das ditas ocupacións dos terreos de uso público.

Os tributos afectados pola obrigatoriedade desta declaración son as taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial de terreos de uso público con:

-Postos e barracas

-Mesas e cadeiras

-Valados, puntais, materiais de construción, etc

-Apertura de zanxas, prospeccións e gabias

-Ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública

-Quioscos

-Entradas de vehículos por beirarrúas, así como reservas de vía pública para aparcamento ou carga e descarga.

Lembre que:

- A alta inicial ou modificación á alza dos elementos tributarios require da presentación dunha autoliquidación que non pode realizarse a través deste procedemento.

- O prazo para a presentación destas declaracións é de 5 días naturais dende que se produza a alteración declarada.

Os obrigados a declarar polos supostos indicados serán as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento, se aínda non se concedera a oportuna autorización.

Entenderase que se beneficia do aproveitamento, para o caso concreto de ocupacións por:

-Cascallos, valados, estadas, etc, quen materialmente execute a obra

- Entradas de vehículos a través de beirarrúas, os propietarios das fincas e locais ás que dean acceso as ditas entradas.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

- Formulario debidamente cuberto.

- Copia do NIF do declarante, e se actúa por medio de representante, copia do NIF deste e documento que acredite a representación.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00


Normativa municipal:



Volver
Rexistro electrónico