www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

802 Solicitude de beneficios fiscais rogados imposto vehículos tracción mecánica

Por esta vía, poderá vostede solicitar a exención ou bonificación no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica de atoparse en calquera dos supostos seguintes.


Exencións se se trata de:

a) Vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida ás que se refire a liña A do anexo II do Regulamento xeral de vehículos

b) Vehículos matriculados a nome de minusválidos sempre que sexa para o seu uso exclusivo.

c) Tractor, remolque, semirremolque e maquinaria provista de Cartilla de Inspección agrícola.


Bonificacións se se trata de:

a) Vehículo histórico catalogado como tal segundo a lexislación vixente

b) Vehículo cunha antigüidade superior a 25 anos. De non ter acreditación da data de fabricación, tomarase como data a primeira matriculación, e de non coñecela, tomarase a data na que se deixou de fabricar.

Persoas/organismos que cumpran os requisitos sinalados na normativa de aplicación.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar no:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica vostede pode adxuntar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo o botón "rexistro electrónico"

En exención por

a) Vehículo conducido por persoa con discapacidade.

1 Certificado da minusvalía emitido pola Administración competente

2 Copia da póliza do seguro do vehículo onde debe constar que o tomador e condutor habitual é o beneficiario da exención, a data do devengo do imposto (1 de xaneiro de cada ano).

3 Xustificante de pago do seguro do vehículo

4 Declaración xurada do titular minusválido de que o vehículo é para o seu uso exclusivo

b) Vehículo destinado ao transporte de persoa con discapacidade.

1 Certificado da minusvalía emitido pola Administración competente

2 Copia da póliza do seguro do vehículo

3 Xustificante de pago do seguro do vehículo

4 Declaración xurada do titular minusválido de que o vehículo é exclusivamente para o seu transporte

c) Tractor, remolque, semirremolque e maquinaria provista de Cartilla de Inspección agrícola.

1 Copia da cartilla de inspección agrícola

En Bonificación por

a) Vehículo histórico.

1 Acreditación de que o vehículo histórico está catalogado como tal segundo a lexislación vixente

b) Vehículo con antigüidade superior a 25 anos.

1 Acreditación da data de fabricación

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E OUTROS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico