www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

805 Solicitude de beneficios fiscais rogados imposto sobre construcións, instalacións e obras

Por esta vía, pode vostede solicitar a exención ou bonificación no Imposto sobre construcións, instalacións e obras de atoparse en calquera dos supostos seguintes.

- Bonificación no caso de construcións, instalación ou obras para a instalación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.

- Exención no caso de

a) Construcións, instalacións ou obras cuxo dono sexa o Estado, comunidades autónomas ou entidades locais.

b) Construcións, instalacións ou obras da Igrexa Católica.

Persoas/organismos que cumpran os requisitos sinalados na normativa de aplicación.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

- Bonificación no caso de construcións, instalacións ou obras para a instalación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar (a presentar no mesmo prazo que a correspondente licenza)

1 Proxecto técnico visado polo Colexio Oficial correspondente que acredite na construción, instalación ou obra, a instalación de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar.

2 Documentación acreditativa da homologación dos contedores obxecto da instalación

- Exención no caso de

a) Construcións, instalacións ou obras cuxo dono sexa o Estado, comunidades autónomas ou entidades locais.

1 Documentación acreditativa da titularidade do inmoble

2 Documentación acreditativa de quen soporta os gastos da construción, instalación ou obra

3 Datos do contratista (fotocopia da tarxeta do NIF)

4 Documentación que acredite que o destino da construción, instalación ou obra sexa algún dos recollidos no artigo 100.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (Real decreto lexislativo 2/2004)

b) Construcións, instalacións ou obras da Igrexa Católica.

1 Documentación acreditativa da titularidade do inmoble

2 Documentación acreditativa de quen soporta os gastos da construción, instalación ou obra

3 Datos do contratista (fotocopia da tarxeta do NIF)

4 Certificado literal de inscrición no Rexistro de Entidades relixiosas

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Oficina Horario
SERVIZOS DE COORDINACIÓN E DE XESTIÓN TRIBUTARIA De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico