www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

514VLBIS Comunicación previa de actos de uso do solo e subsolo non suxeitos a licenza municipal

Comunicación previa habilitante para a execución dos actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza municipal

Persoas ou entidades que vaian executar actos de uso do solo ou do subsolo que non estén suxeitos ao réxime da licenza municipal previa

As personas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

  • Solicitude (Mod 514 V-L)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Documentacion acreditativa da referencia catastral
  • Xustificante do pagamento dos tributos municipais
  • Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra
  • Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar que deberá ter en conta a ordenanza fiscal en vigor
  • Fotografías do estado actual do inmoble, interiores ou exteriores, segundo procede
  • No seu caso, dúas fotografías recentes nas que se aprecie, con exactitude e claridade, a situación actual e a volumetría da edificación coa cuberta ou tellado que se pretenda reparar ou limpar
  • De ser o caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación
  • Documento de avaliación ambiental, en caso de requirila o uso a que vaian destinadas as obras
  • Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando sexan legalmente esixibles
  • Autorización ou concesión sectorial para o proxecto ou instalación de produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica ou de gas de que se trate
  • Copia das restantes autorizacións e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento
  • Copia da licenza municipal de apertura/comunicación previa/declaración responsable de local comercial
  • Copia da licenza municipal de vao permanente, de ser o caso
  • Copia da licenza municipal de instalación de toldo ou rótulo, de ser o caso
  • Copia da licenza de acometida á rede de auga ou sumidoiro
  • Documento xustificativo de constitución de fianza, de ser o caso
  • Nas obras exteriores en fachadas e cubertas débese indicar o MEDIO AUXILIAR A EMPREGAR

O comunicante manifestará baixo a súa responsabilidade que se compromete a non iniciar as obras ata o transcurso de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da presentación da comunicación xunto coa documentación completa, e sempre que nese tempo non se tivera comunicado polo Concello a súa ineficacia

Transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde a súa presentación, a Comunicación Previa achegada cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo ou subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello respectivo

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO Churruchaos, baixo 986804300 EXT 7500
Oficina Horario
SERVIZO DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E PATRIMONIO HISTÓRICO De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Volver
Rexistro electrónico