www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver
Rexistro electrónico

630 Solicitude de renovación da licenza para a tenencia de animais potencialmente perigosos

A licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos terá un período de validez de cinco anos podendo ser renovada por períodos sucesivos da mesma duración.

Os titulares de licenzas para a tenza de animais potencialmente perigosos.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Enderezo: Rúa Michelena 30, baixo

Tel: 986 804 300

Fax: 886 212 843

Horario:

De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesaria achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, DNI ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

  • Copia do impreso oficial, facilitado polo veterinario actuante, no que figure o código asignado e a implantación do microchip no animal.
  • Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, a nome do solicitante, onde se especifique claramente que cada animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de fotocopia da póliza de seguros ou ben mediante certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente, achegándose tamén fotocopia do recibo de pagamento do ano en curso.
  • Certificado veterinario de castración ou esterilización, de se-lo caso
  • Fotografía tamaño carné.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240
Oficina Horario
Servizo de secretaría e asuntos xerais De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos.
  • Real decreto 287/2002, do 22 de marzo de desenvolvemento da Lei 50/1999.
  • Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Volver
Rexistro electrónico