www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

Solicitude de autorización da celebración de cerimonias civís no Concello de Pontevedra

Celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra

Parellas que queiran celebrar o seu matrimonio civil no Concello de Pontevedra

Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:

1º) Tramitar a solicitude no Rexistro Civil que corresponda ao concello onde se atopen empadroados. O Rexistro Civil é o encargado de autorizar ao noso Concello para a celebración da voda e expedirá o documento denominado ¿Relación de datos de matrimonio civil¿.

O Enderezo do Rexistro Civil de Pontevedra é: Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n; 36004 Pontevedra (Tlf. do Rexistro Civil: 986 805 767).

2º) Presentar a solicitude de casamento e demáis documentación no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.

Rúa Michelena 30, baixo (Tlf: 986 804 300 - Fax: 886 212 843).

Horario: De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas.

Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00.

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

  • Solicitude de casamento.

  • Documento acreditativo do pago da taxa correspondente (81,73€).

  • Fotocopia do DNI dos contraentes.

  • Fotocopia do DNI de dúas testemuñas maiores de idade que deberán estar presentes na cerimonia.

  • Relación de datos de matrimonio civil, expedida polo Rexistro Civil

Data

Pódese elixir día e hora chamando ao teléfono 986 100 185 ou ben acudindo ao Gabinete de Alcaldía do Concello en horario laboral durante a semana, agás os venres. A data reservarase durante tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude a reserva quedará sen efecto.

A documentación necesaria deberá presentarse polo menos 10 días antes da voda.

Horario

As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Pontevedra teñen unha duración aproximada de 15 a 20 minutos e realizanse no salón vermello do Pazo de Mugartegui os venres pola tarde e os sábados. Con carácter excepcional, as vodas que se celebren durante a semana faranse na Alcaldía ou na sala de comisións do Concello, na rúa Michelena, 30.

As cerimonias poden realizarse:

· Calquera día laborable de 8.00 a 14.30 horas

· Os venres pola tarde de 18.00 a 20.00 horas

· O sábados de 11.30 a 14.00 horas e de 18:00 a 20.00 horas.

· Non se celebrarán vodas nin os domingos nin os festivos.

Organización

Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 100 185, extensión 7102, unha semana antes da voda, para indicar:

· Número aproximado de asistentes á cerimonia.

· Música: poderán contratar pola súa conta música en directo, traer un equipo de música, etc.

· Adornos florais: poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría. Os adornos colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia civil. De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos.

· Aneis: non son obrigatorios pero débese indicar se os levan.

· Vehículos: durante o tempo da cerimonia poderán aparcar ata dous vehículos na praza da Pedreira, de haber algún asistente con problemas de mobilidade poderán ser tres. Informarase coa antelación dunha semana á Policía Local da matrícula daqueles.

Para ver Fotografías do Pazo de Mugartegui prema aquí.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
GABINETE DA ALCALDÍA Michelena, 30 3º 986804300 De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
GABINETE DA ALCALDÍA Michelena, 30 3º 986804300
Oficina Horario
GABINETE DA ALCALDÍA De luns a vernes de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de lúns a vernes de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver